O BNG insta á Xunta a informar sobre os permisos necesarios para o dragado no río Miño

A deputada do BNG, Carme Adán, presentou unha serie de iniciativas no Parlamento galego nas que piden aclaracións ao Goberno da Xunta sobre os permisos necesarios para a realización do dragado de urxencia que evite a paralización do ferry entre a Guarda e Caminha. Ante as informacións publicadas nos medios de comunicación nas que se condiciona o dragado aos informes da Consellería de Medio Rural, por tratarse dunha zona LIC, a deputada nacionalista pregunta cal é o motivo para que non se xestione de xeito urxente e así iniciar os dragados necesarios para evitar a paralización do ferry A Guarda-CaminhaO BNG na Guarda denuncia a falta de transparencia coa que está a actuar o Alcalde da Guarda, X.M. Freitas, dado que non está a informar aos partidos da oposición sobre a actual situación do ferry. “Temos que informarnos pola prensa en vez de pola Alcaldía, algo incomprensíbel, dado que é un tema o suficientemente serio como para termos informados puntualmente sobre os pasos que se están a dar. Ademais, hai semanas que solicitamos ao Alcalde copia de documentación sobre os dragados que a día de hoxe non se nos foi entregada”, comenta Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG

O BNG considera que o Grupo de goberno está tendo un comportamento errático co ferry A Guarda-Caminha. Así, no último pleno aprobou unha partida para o mantemento do ferry por valor de 134.000 €, partida que nos orzamentos do ano 2011 pasou de 116.000 € a uns simbólicos 500 € ,tal e como denunciou o BNG no seu momento. Hoxe o Alcalde da Guarda ten que volver dotala de cartos para poder pagar á Caminha a parte que lle corresponde ao concello para o mantemento do ferry. A xuízo, do BNG está modificación obece máis á tranquilizar os ánimos da Presidenta da Cámara de Caminha despois da ameaza de fechar o servizo do ferry entre a Guarda e Caminha. O BNG insta ás diferentes administracións, a local, a autonómica e a estatal a unir esforzos para que se realice o dragado de urxencia, sen esquecer a realización dun proxecto definitivo para o ferry A Guarda-Caminha que sexa compatíbel coa actividade dos pescadores e que teña en conta a zona de especial protección como é o estiario do Miño.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: