PERMANECEN ACTIVOS OS INCENDIOS FORESTAIS REXISTRADOS ONTE NOS MUNICIPIOS OURENSÁNS DE MANZANEDA E LOBIOS

  • Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada supera no incendio de Manzaneda as 100 hectáreas, e no de Lobios rolda as 100 ha
  • Permanecen controlados de Vilar de Barrio e San Cristovo de Cea, situándose a superficie provisional no primeiro por riba das 20 e no segundo en 156 ha
  • Quedaron finalmente extinguidos os lumes de Chandrexa de Queixa (parroquia de Queixa) e os dous rexistrados en Gondomar, nas parroquias de Chaín e Mañufe

Santiago, 14 de outubro de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que permanecen activos dous incendios forestais rexistrados onte nos municipios ourensáns de Manzaneda e Lobios. Así mesmo, están controlados os lumes rexistrado en Vilar de Barrio e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. Finalmente quedaron extinguidos os incendios de Chandrexa de Queixa (Queixa), na provincia de Ourense; e os dous rexistrados no concello pontevedrés de Gondomar, nas parroquias de Chaín e Mañufe.

Activos

Arestora permanece activo o incendio rexistrado no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado, que comezou ás 17:23 horas de onte, xoves 13. Segundo valoracións provisionais, a superficie afectada supera ás 100 hectáreas. Nos labores de extinción participan 1 técnico, 8 axentes forestais, 20 brigadas, 4 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 6 avións.

En Lobios, parroquia de San Paio de Araúxo, o lume comezou ás 8:00 horas do xoves  13, estando actualmente activo. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada rolda as 100 hectáreas. Participan na súa extinción 1 axente forestal, 7 brigadas, 5 helicópteros e 2 avións.

Controlados

O lume rexistrado onte ás 19:50 horas no municipio de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, está controlado desde ás 13.45 de hoxe. Segundo unha primeira valoración inicial provisional, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan 4 axentes forestais, 13 brigadas, 2 Grumir, 9 motobombas, 1 pala, 1 helicóptero e 4 avións.

Tamén permanece controlado o lume do municipio ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, que comezou ás 14:51 horas do martes, 11, e quedou controlado ás 7:17 horas do mércores, 12. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 156 hectáreas, das cales 50 son arboradas e 106 rasas. Nas tarefas de extinción participaron 3 técnicos, 8 axentes forestais, 26 brigadas, 2 Grumir, 16 motobombas, 1 pala, 6 helicópteros e 9 avións.

Extinguidos

No municipio pontevedrés de Gondomar, comezaron esta madrugada dous incendios forestais nas parroquias de Mañufe e Chaín. O lume que comezaba ás 4:05 horas en Mañufe quedou finalizado ás 16.15 desta tarde. Segundo valoración provisional, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 20 son rasas e 5 arboradas. Nas tarefas de extinción traballaron 2 axentes forestais, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 pala.

No caso da parroquia de Chaín, o incendio comezaba ás 1:25 horas da madrugada e quedaba extinguido ás 19:13 horas desta mañá. Segundo unhas primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30,24 hectáreas arboradas. Nos labores de extinción participaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

Finalmente o incendio rexistrado no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, na parroquia de Queixa, que comezou ás 00:20 horas da madrugada do xoves 13, quedou extinguido ás 19:45 de hoxe. Segundo valoracións provisionais, a superficie afectada é de 170 hectáreas de monte raso. Nas tarefas de extinción están traballando 4 axentes forestais, 4 brigadas, 1 motobomba, 2 palas, 5 helicóptero e 6 avións.


About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: