MAGOSTOS, MUSICA E TEATRO NO MOVEMENTO VECIÑAL

Venres 11

Na Asociación Veciñal Rosalía de Castro da Salgueira (Camiño de Lourido s/n), a partires das 20:00, terá lugar o tradicional magosto con castañas de balde para todos/as os/as que se queiran achegar. A festa estará acompañada polo seu grupo de pandereteiras e gaiteiros, tamén terán unha exhibición de Capoeira do grupo da asociación.

Sábado 12

No barrio de SAN ROQUE desde 18:00 a 20:00 farase no local da Asociación Veciñal de San Roque (1ª Travesía de San Honorato nº 3 B) haberá castañas de balde e para tomalas con viño, cervexa, auga, etc segundo os gustos. Contarán cunha actuación dun grupo a cargo de programa Movevigo da Federación Veciñal que financia a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

Na parroquía de Sardoma e organizado pola Asociación Veciñal O Carballo terá lugar o tradicional magosto a partires das 18:30, contando con actuacións de grupos de música tradicional, entre eles o Grupo de gaitas Arume de Beade, grazas ao programa Movevigo da Federación Veciñal que financia a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

 

En Beade a partires das 19:00 coa organización da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade (Estrada de Coutada, 42)terán tradicional magosto e a actuación do grupo de gaitas, grazas ao programa Movevigo da Federación Veciñal que financia a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

En Cabral a partires da 20:00 e no local da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Santa Mariña (Avda. Santa Mariña, 95) haberá magosto con castañas de balde para as persoas asistentes.

Festa do Magosto na Asociación Veciñal Monte da Mina (Rúa Galindra 16, Monte da Mina) a partir das 19:30 hs. Onde degustaranse as típicas castañas desta festa acompañadas con música para todos/as, coa actuación do Grupo de Gaitas “Os Ventos de Comesaña”.

Festa do Magosto en A.V. Sampaio (Casal de Arriba, 6)

Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Saiáns (Rúa Eira Vella Nº4) ten ás 18:30 horas a obra (para público familiar) ” A Princesa Balinesa” da compañía Spencer-Hartmann.

Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Estrada Xeral de Valadares, 233) o tradicional magosto estará acompañado polos seguintes actos: 20 horas Concerto da Banda Escola de Beade, 21:30 horas Actuacións dos grupos Folclóricos do C.V.C.V., 21:30 horas reparto de castañas de balde.

S.V.C.D. Nautilius (Camiño de Sanín, 54) a partir das 17:00 horas, Magosto Popular con castañas e viño de balde para todos os asistentes, amenizado polo grupo de gaitas e baile da nosa sociedade.

 

A.V. Socio-Cultural e Deportiva San Miguel de Oia (Camiño Currás, 34) haberá magosto a partires das 19:00 contando coas actuacións da Escola de Gaitas Cirmidoira de Fiadeiro, Grupo de Gaitas “Os trebellos” de Bahiña, Grupo de Pandereteiras “Xolda” de S. Miguel de Oia.

Domingo 13

No local da Asociación Veciñal de NAVIA ás 18:00 horas despois de festexar o magosto a semana pasada, segue as actividades xa que conta este domingo coa actuación do GRUPO DE FOLK VIRANDEIRAS, grazas ao programa Movevigo da Federación Veciñal que financia a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

 

Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Estrada Xeral de Valadares, 233. Certame de Humor actuación de Pepe Suevos ás 18:30.

S.V.C.D. Nautilius (Camiño de Sanín, 54) ás 18:00 horas, teatro para publico familiar,co grupo NAVIA ESCOLA TEATRO,que porá en escena a obra “O MUNDO ESCURO”.

19 de novembro

 

AVCD “SAN XURXO” DE SAIÁNS (Rúa Eira Vella Nº4) ás 18:30 horas a actuación da Coral Polifónica do CVC de Valladares e as 19:30 horas o magosto con castañas gratis para todas as persoas que se acheguen.

 

 

24 de novembro

 

Na AVV. Pontenova-Freixeiro (Rúa Pastora, 47). Habera castañas para todas as persoas asistentes acompañadas de boa música a cargo do grupo de Pandereteiras de Freixeiro.

Esta asociación segue co seu festexo do magosto cunha excursión o día 6 de decembro, a Ourense cunha visita a Fundación Museo Otero Pedrayo, comida con cocido e un magosto nunha bodega. Os que queiran anotarse poden pasar polo local da asociación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: