MATO AVOGA POLA COLABORACIÓN ENTRE O ISSGA E O EMPRESARIADO GALEGO PARA FOMENTAR A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe o congreso ‘Empresa e Prevención. Novos Retos’, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
  • Nos primeiros seis meses deste ano desenvolvéronse máis de 240 actuacións específicas dentro do ‘Plan de Prevención para autónomos’
  • O pasado mes de marzo púxose a disposición de todas as empresas galegas unha ferramenta pioneira en Galicia: a calculadora de custos da sinistralidade, totalmente confidencial e que permite ás empresas comparar o custe da implantación das medidas de prevención co custe que tería un accidente laboral.

Santiago, 8 de novembro de 2011.-A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou hoxe pola colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente deste departamento autonómico, e as asociacións empresariais co fin de fomentar a prevención de riscos laborais.

Así o sinalou hoxe na clausura do congreso ‘Empresa e Prevención. Novos Retos’, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Na súa intervención, indicou que nunha economía como a galega, “a Administración é consciente das dificultades dos pequenos e medianos empresarios, que son maioría, para desenvolver e implantar programas de prevención”.

Neste sentido, opinou que o labor do ISSGA “cobra a súa maior dimensión a través da colaboración coas asociacións empresariais e sectoriais, para impulsar e canalizar a formación e a información a este respecto”. Deste xeito, apuntou que nos primeiros seis meses deste ano desenvolvéronse máis de 240 actuacións específicas dentro do ‘Plan de Prevención para autónomos’.

Así mesmo, a conselleira lembrou que o pasado mes de marzo, e de acordo cun dos obxectivos do Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011-2014, púxose a disposición de todas as empresas galegas unha ferramenta pioneira en Galicia: a calculadora de custos da sinistralidade, totalmente confidencial e que permite ás empresas comparar o custe da implantación das medidas de prevención co custe que tería un accidente laboral.

A titular de Traballo indicou que a grave situación económica apareceu cando aínda non estaba plenamente implantada “unha auténtica cultura da prevención” o que, nun escenario de restricións, “pode supor a ameaza de relegar a un segundo plano a vixilancia da seguridade e saúde laboral e as medidas preventivas”.

Por isto, Mato considerou que “é responsabilidade de todas e todos permanecer atentos e facer valer a importancia destas materias”. Os empresarios e empresarias deben garantir que os traballadores e traballadoras dispoñan da información, formación e mecanismos necesarios para desenvolver o seu traballo de xeito seguro, mentres que esta responsabilidade debe ir acompañada dunha conciencia plena por parte dos propios traballadores, á hora de observar e respectar estes principios e normas da prevención.

Deste xeito, desde a Administración “débese traballar arreo para facilitar a todas as partes as ferramentas precisas, así como implantar e difundir unha cultura preventiva sólida, neste caso en Galicia”. Así, fronte a crise, a Xunta defende a importancia de salvagardar os avances logrados ata o momento, e sobre todo a importancia de perseverar para seguir minimizando os riscos e incrementando a seguridade.

Un esforzo que multiplicará os seus efectos na medida en que cada cidadán asuma o seu papel e a súa cota de responsabilidade neste ámbito, un feito fronte ao que a conselleira mostrouse “optimista” tendo en conta o nivel de consenso importante acadado na sociedade e tendo como folla de ruta o acordo do diálogo social de xullo do 2010, sobre o Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011-2014, ou o Plan anual de Actividade do ISSGA para este ano 2011, que tamén é unha mostra deste compromiso compartido.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: