Archive | noviembre 10, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-11-11


Abel Caballero revela que o goberno local estuda un borrador de convenio para ubicar o albergue en Marqués de Valterra

O alcalde indicou este xoves que avanza o proceso para establecer o centro municipal de inclusión social na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra, tras o que adiantou que actualmente estuda un borrador de convenio. Caballero explicou que non parará os traballos de adaptación da Escola de Hostelería ata que se concrete a primeira opción.

 


O alcalde informou do regreso ás súas casas dos veciños realoxados de A Seara e do número 18 da rúa Colombia

Abel Caballero mantivo na tarde de onte mércores unha reunión cos veciños da rúa Colombia e da Seara que foron realoxados para comunicarlles a decisión do goberno municipal unha vez recibidos os informes técnicos. Co retorno ás súas vivendas dos inquilinos do 18 de Colombia e de A Seara, unicamente quedan aínda en realoxo os do número 20 da primeira rúa, que precisan de 10 ou 15 dias máis.

 


Caballero garante apoio municipal á nova federación de comerciantes “Vigo Histórico”

As asociacións de comerciantes Vigo Vello, Mercado do Berbés, Centro Príncipe, Mercado do Progreso e Zona Centro presentáronlle este xoves ao alcalde a decisión de crear a federación “Vigo Histórico”, enfocada singularmente ao turismo. Abel Caballero amosou a súa “satisfacción” pola decisión e adiantou que “estaremos apoiándoles” porque o comercio é “parte importante” da actividade económica viguesa.

 


O Concello albergará a presentación pública da Fundación Irene Megias contra a Meninxite

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á dirección galega da entidade, que está a implantarse en Galicia a través de Vigo co obxectivo de divulgar os síntomas da enfermidade e dar apoio ás familias dos afectados. O rexedor sinalou que en 10 ou 20 días terá lugar a presentación pública da actividade desta Fundación nas propias dependencias municipais.

 


Auditorio Municipal “Contraaccións”, Carrallada Show

A prohibición de relacións amorosas entre empregados dunha mesma empresa centra a obra teatral “Contraaccións”, da compañía Carrallada Show, que se representa o venres día 11 de novembro no Auditorio Municipal ás 21 horas.

Convenio sanidade privada.

Hoxe xoves 10 ás 10 da mañá, un grupo de traballares concentráronse nas inmediacións da sede da Confederación de Empresarios, en onde estaba previsto que a esa hora se reunirana os representantes sindicais coa representación dos empresarios pra continuar coa negociación do CONVENIO DE HOSPITALIZACION E INTERNAMENTO DA SANIDADE PRIVADA DE PONTEVEDRA. Leer Más…

NNXX lamenta que a única proposta de Xuventudes Socialistas en materia de educación consista en difamar ao PP

  • A estratexia a seguir polos socialistas máis novos consiste en crear confrontación innecesaria, crispar e dividir recorrendo a manobras tan baixas que, por outra parte, parecen contar co beneplácito do PSOE galego

 

  • Dorado sinala que a quen prexudica esa campaña non é ao PP, senón aos socialistas e, sobre todo, á vida política, xa que unha formación democrática non debe entrar nese xogo sucio, por iso pide a retirada inmediata dos carteis

Asegura que ante a ausencia de ideas en educación de Xuventudes, Novas Xeracións ten unha ampla batería de propostas que van desde apostar por unha formación dual e o bilingüismo a fomentar as becas e a excelencia académica

INFORMATIVA NUEVA SEDE CONSULAR‏ de Venezuela en Galicia

El Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela en Vigo, informa a la Comunidad Venezolana residente en la Comunidad Autónoma de Galicia y el Principado de Asturias, que  el Consulado se encuentra ubicado en la nueva dirección: calle Velázquez Moreno   Nº 3, C.P  36201, Vigo, Pontevedra.
Para consultas pueden contactar a través de los correos electrónicos:
consulgeneral@consulvenevigo.es / consuladodevenezuelaenvigo@hotmail.com

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA EN VIGO UNHA XORNADA PARA PROMOVER SOLUCIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS

O director do Inega, Eliseo Diéguez, inaugurou esta xornada sobre as posibilidades do mercado de servizos enerxéticos, especialmente no mundo empresarial

IMG_0757.JPG Ir

A Xunta de Galicia aprobou este ano a un investimento de 3,8 millóns de euros para fomentar medidas de eficiencia no marco do Plan de Impulso á Contratación de Servizos Enerxéticos

–  A Consellería de Economía e Industria apoia o aforro e eficiencia enerxética, fomentando este tipo de iniciativas tanto entre empresas, como nos fogares e na propia administración pública

exposición y subasta de pinturas y esculturas de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

exposición que tendrá lugar en la Fundación Novacaixagalicia , sala de exposiciones III (calle Policarpo Sanz), desde el próximo jueves 10 hasta el 24 de noviembre, y a la posterior subasta que se celebrará en el auditorio del Centro Cultural Novacaixagalicia (calle Marqués de Valladares), el día 25 de noviembre a las 19,45 horas.

Horario de visitas a la exposición:

De lunes a viernes de 17,30 a 20,30 horas

sábados y festivos de 11,00 a 14,00 y de 17,30 a 20,30 horas

Xornadas 2 e 3 decembro: Drogodependencias e Exclusion Social

Programa:9.30h Presentacion xornadas.
Nieves Turienzo Rio. Presidenta MDMGalicia
Isaura Abelairas. Concelleira de Politica de Benestar.Concello de Vigo
Inclusion Social: RD en España
Modera:Nieves Turienzo. Presidenta MDMGalicia
Que é a Reduccion de Riscos/Danos.- Raul Soriano (Traballador social) Plan Nacional sobre el Sida –
Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad
RD en Sala de Consumo. Adrián Corral Arenas Munduko Medikuak
RD en Poblado. Belén Matesanz Mateu (Enfermeira).Metges del Món
Rd en Unidade Mobil. MdM. Sergio González–Palacios Romero (Traballador Social).MDM- Lanzarote
RD en Cebex. Centro de baixa Esixencia para persoas sen fogar.Laia Castells López (traballadora
social) MdMValencia Leer Más…

PARALIZACIÓN NOVO HOSPITAL. en Vigo

Delegados/as da federación da Construción da CIG paralizaron dende as 11.30 horas as obras do novo hospital vigués, en Valadares, para denunciar as condicións laborais que padecen os traballadores/as. A acción enmárcase na campaña contra a explotación de persoas nas grandes obras da Administarción pública. Dende a central nacionalista denuncian os constantes incumprimentos en materia de xornada e de salario que sufren os empregados/as, maioritariamente cidadáns portugueses. A idea é manter a paralización de xeito indefinido até que a Inspección de Traballo medie para regularizar a situación.

La Fundación Balms para la Infancia y la Asociación de Antiguos Alumnos del Colegio Apóstol Santiago (Jesuitas), organizan el viernes, 11 de noviembre, una cena benéfica.

La Fundación Balms para la Infancia y la Asociación de Antiguos Alumnos del Colegio Apóstol Santiago (Jesuitas), organizan el viernes, 11 de noviembre, una cena benéfica para ayudar a un colegio de Perú radicado en una de las zonas más pobres cerca de Lima, y a la Casa de la Infancia de Colombia. Es la quinta cena consecutiva que se lleva a cabo con el fin de recaudar fondos para ambas instituciones latinoamericanas. La cena se desarrollará en el Hotel Pazo Los Escudos, a partir de las 9 de la noche. Durante la cena se realizará una subasta de obras de arte y un sorteo de regalos de empresa. Terminada la cena se iniciará un ameno baile conducido por un destacado DJ de la ciudad. Actuará como animadora durante la cena Beatriz Manjón presentadora de TV. Los interesados en asistir pueden ponerse en contacto con la Fundación Balms (986443143).

El coste de la invitación es de 40 €, que incluye una donación para los proyectos que llevamos adelante a favor de más de 900 niños peruanos y colombianos. Las personas que no puedan asistir pueden colaborar con ambos proyectos ingresando una donación en concepto de “Fila 0”, en la cuenta de la Fundación Balms, 0030 6037 11 0000899271.

 

NAVAL PECHE CONCELLO. ültima hora en Vigo

Un grupo de traballadores/as de distintas empresas do sector naval da Ría de Vigo veñen de pecharse no Concello de Vigo (Alcaldía, primeira planta) para reclamar unha solución aos problemas dunha industria fundamental para a economía da comarca. O acto reivindicativo ten como finalidade esixirlle ao Goberno español do PSOE que tome decisións encamiñadas a salvar o sector e ao mesmo tempo lembrarlle ao alcalde da cidade, Abel Caballero, o seu compromiso de solucionar a situación “con catro chamadas telefónicas”.