Convenio sanidade privada.

Hoxe xoves 10 ás 10 da mañá, un grupo de traballares concentráronse nas inmediacións da sede da Confederación de Empresarios, en onde estaba previsto que a esa hora se reunirana os representantes sindicais coa representación dos empresarios pra continuar coa negociación do CONVENIO DE HOSPITALIZACION E INTERNAMENTO DA SANIDADE PRIVADA DE PONTEVEDRA. Os representantes sindicais, membros da mesa negociadora, encontramos as portas da sede da confederación empresarial pechadas “ a cal e canto”, saíndo uns portavoces dos empresarios a comunicar que non se ” reunirían baixo presión”, dando así por finalizada unilateralmente a xuntanza programada.

As centrais sindicais manifestamos, o noso total rexeitamento a esta actitude empresarial, que consideramos prepotente e irresponsable, xa que a súa actividade e a de prestacións asistenciais a persoas enfermas.

Parece que lle importa pouco que esta negociación poida desencadear nun conflito e que restrinxa ou deixe sen asistencia medica, tanto aos usuarios privados como os públicos, co que algúns dos centros teñen concertadas prestacións medicas.

 

Estase a negociar un convenio que afecta a mais de 5000 traballadores, aos que a patronal quere “obrigarlle” a aceptar a supresión de unha paga extra así como a conxelación do seu salario.

 

Consideramos normal que uns traballadores aos que se lle pretende recortar os seu salio en mais de mil euros anuais, estean concentrados pacificamente e apoio os seus representantes, cando se negocia o convenio.

As centrais sindicais reiteramos a nosa denuncia das actitudes prepotentes e provocadoras dos empresarios, e analizaremos xunto cos traballadores as distintas medidas e mobilizacións que se van tomar a partir de agora.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Convenio sanidade privada.”

  1. Ergo dice :

    Great! Thanks for the share!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: