MEDIO RURAL ACLARA QUE EXISTE UN DISPOSITIVO APROPIADO PARA CUBRIR AS NECESIDADES SANITARIAS DOS VECIÑOS DA ILLA DE ONS

  • Así o manifestou hoxe o director xeral de Conservación da Natureza na súa comparecencia na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
  • A asistencia sanitaria da Illa de Ons é sufragada a cargo dos orzamentos da Consellería do Medio Rural
  • A maiores, de xuño a setembro, préstase un servizo de asistencia sanitaria adicional atendido pola Cruz Vermella co que se cobren os primeiros auxilios
  • Neste 2011 realizáronse mil cento cincuenta e dúas atencións, cun total de seis evacuacións

 

Santiago, 9 de novembro de 2011.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, explicou hoxe na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento que as necesidades sanitarias dos veciños da Illa de Ons –pertencente ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia- están cubertas por un dispositivo apropiado en tempo de máxima asistencia, como resposta á pregunta do Bloque Nacionalista Galego sobre ás previsións de mellora de atención sanitaria nesta illa.

 

Con relación á asistencia sanitaria da Illa de Ons, cuxo custo corre a cargo do orzamento da Consellería do Medio Rural, García-Borregón explicou que dende xuño ata setembro préstase un servizo de asistencia sanitaria atendido pola Cruz Vermella co que se cobren os primeiros auxilios, por persoal con formación adecuada e material sanitario apropiado para os mesmos.

 

Do mesmo xeito, engadiu que en inverno residen na illa entre 10 e 14 persoas, estando atendidas por unha vixilancia de axentes medioambientais durante as 24 horas do día, onde ademais sempre hai unha embarcación para emerxencias e, en caso de máxima urxencia, o helicóptero de evacuación do 112 (SOS Galicia). Polo tanto, o director xeral reiterou unha vez máis que as necesidades potenciais están cubertas ao longo do ano.

 

Memoria do 2011

Na memoria deste ano, o director destacou que se realizaron mil cento cincuenta e dúas atencións, cun total de seis evacuacións na que se contou coas embarcacións do propio Parque –xestionado pola Consellería do Medio Rural- e do helicóptero do 112 SOS Galicia, co posterior traslado na ambulancia aos centros de saúde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: