Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-11-11


Abel Caballero revela que o goberno local estuda un borrador de convenio para ubicar o albergue en Marqués de Valterra

O alcalde indicou este xoves que avanza o proceso para establecer o centro municipal de inclusión social na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra, tras o que adiantou que actualmente estuda un borrador de convenio. Caballero explicou que non parará os traballos de adaptación da Escola de Hostelería ata que se concrete a primeira opción.

 


O alcalde informou do regreso ás súas casas dos veciños realoxados de A Seara e do número 18 da rúa Colombia

Abel Caballero mantivo na tarde de onte mércores unha reunión cos veciños da rúa Colombia e da Seara que foron realoxados para comunicarlles a decisión do goberno municipal unha vez recibidos os informes técnicos. Co retorno ás súas vivendas dos inquilinos do 18 de Colombia e de A Seara, unicamente quedan aínda en realoxo os do número 20 da primeira rúa, que precisan de 10 ou 15 dias máis.

 


Caballero garante apoio municipal á nova federación de comerciantes “Vigo Histórico”

As asociacións de comerciantes Vigo Vello, Mercado do Berbés, Centro Príncipe, Mercado do Progreso e Zona Centro presentáronlle este xoves ao alcalde a decisión de crear a federación “Vigo Histórico”, enfocada singularmente ao turismo. Abel Caballero amosou a súa “satisfacción” pola decisión e adiantou que “estaremos apoiándoles” porque o comercio é “parte importante” da actividade económica viguesa.

 


O Concello albergará a presentación pública da Fundación Irene Megias contra a Meninxite

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á dirección galega da entidade, que está a implantarse en Galicia a través de Vigo co obxectivo de divulgar os síntomas da enfermidade e dar apoio ás familias dos afectados. O rexedor sinalou que en 10 ou 20 días terá lugar a presentación pública da actividade desta Fundación nas propias dependencias municipais.

 


Auditorio Municipal “Contraaccións”, Carrallada Show

A prohibición de relacións amorosas entre empregados dunha mesma empresa centra a obra teatral “Contraaccións”, da compañía Carrallada Show, que se representa o venres día 11 de novembro no Auditorio Municipal ás 21 horas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: