O CONSELLO DA XUNTA APROBARÁ MAÑÁ OS PAGOS AOS MARISCADORES POLAS TAREFAS DE REXENERACIÓN DE ZONAS C DE SETEMBRO

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández reuníronse cos mariscadores de Ferrol

  • Rosa Quintana sinalou que o obxectivo desta reunión era escoitar “como sempre fixemos dende a Xunta” as opinións dos mariscadores respecto das alternativas ao Plan de dinamización da Ría
  • As actuacións da Administración galega para a ría de Ferrol implican mobilizar un investimento de 160 millóns de euros

O Consello da Xunta aprobará mañá os pagos aos mariscadores de Ferrol e doutras confrarías correspondentes ás tarefas de rexeneración de zonas C realizadas no mes de setembro. Foi o que adiantou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, aos mariscadores de Mugardos, Ferrol e Barallobre na xuntanza mantida este mediodía con eles e na que tamén estiveron os tres sindicatos principais, o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Rosa Quintana incidiu en que o goberno autonómico “mantén sempre aberta a vía de diálogo” e amosou a súa sorpresa ante as manifestacións dos mariscadores, xa que no mes de agosto, nunha xuntanza mantida con eles, a titular de Mar foi totalmente transparente e informounos de que poderían producirse demoras nos pagos. Cabe lembrar que no caso concreto dos pagos do mes de setembro houbo unha demora debido ao retraso acumulado na negociación dos días de subsidio a percibir polos mariscadores xa que pretendían que a Xunta cometese unha ilegalidade pagándolle os días de setembro que non traballaron e estiveron de folga. Isto tradúcese en que cada mariscador pretendía cobrar 6 días máis de actividade ou, o que é o mesmo, case 500 euros de máis cada un por uns labores subvencionados que non realizaron. No caso da mensualidade de outubro, a conselleira avanzoulles que a previsión é que se a validación do gasto dos expedientes vaia a Consello da Xunta a vindeira semana.

Rosa Quintana sinalou que o obxectivo desta reunión era escoitar “como sempre fixemos dende a Xunta” as opinións dos mariscadores de Ferrol respecto das alternativas ao Plan de dinamización da Ría e mailos logros acadados pola consellería do Mar, previa petición das confrarías, como a rebaixa da talla da ameixa babosa aceptada pola UE, o emprego de novos áridos procedentes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e mailo logro de poder faenar en zonas da Armada. De feito, na liña de busca de alternativas, comprometeuse a convocar a Mesa do Plan de Dinamización de Ferrol a vindeira semana. En canto ao proceso de reinstalación dos moluscos procedentes das zonas C, a conselleira incidiu en que tanto a ubicación de Ferrol como a de Aldán, “cumpren con todos os requisitos legais que esixe a UE” e que os puntos nos que se van instalar as bateas non están en Rede Natura. Ademais lembrou que o borrador da orde que declara as novas zonas está a exposición pública dende a semana pasada.

Actuacións de saneamento e depuración na ría

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mantén firme o compromiso de mellorar e sanear o estado das rías galegas, en xeral, e a de Ferrol, en particular. Neste senso entre as actuacións xa executadas, as que se atopan en obras e as que están programadas, xunto co investimento da Xunta nas obras declaradas de interese xeral do Estado, o investimento do Goberno galego é de 100 millóns de euros.

Naquelas obras que son declaradas de interese xeral do Estado, a Xunta aporta un 15% do orzamento da actuación, polo que nas tres obras que se están a executar na actualidade: Edar de Cabo Prioriño (5,2 M€), Emisario submarino Cabo Prioriño (1,8M€) e no cruce, impulsión da Malata e emisario terrestre (8,3 M€), a Xunta inviste máis de 15 M€.

Ao mesmo tempo, Augas de Galicia executa directamente as obras de saneamento na zona norte da Ría de Ares e na zona sur da Ría de Ferrol (Ares, Fene e Mugardos) nas que se invisten máis de 67 M€. Con esta actuación preténdense recoller os actuais puntos de vertido da península de Ares, Fene e Mugardos e conducilos cara unha única instalación na que se tratarán. Así, construiranse máis de 38 quilómetros, con 5 pozos de bombeo e 23 tanques de tormenta para o control dos alivios en orixe. Outra das actuacións en obra é o saneamento na parroquia de San Mateo, en Narón cun orzamento de 1,7 M€.

Estas actuacións súmanse ás xa executadas polo Goberno autonómico como o proxecto de refundido da rede de saneamento e abastecemento de Chanteiro, en Ares (1,03 M€) e a eliminación de vertidos ao Río Freixeiro e automatización de bombeos (case 0,2 M€).

Obras previstas

Tal e como defendeu o conselleiro na presentación dos orzamentos de 2012, a Consellería de Medio Ambiente blindará nas súas contas para o ano próximo o saneamento e mellora das rías. Polo tanto, están garantidas a execución doutras actuacións, como o interceptor xeral da marxe dereita da Ría de Ferrol que implica un investimento de 75 millóns de euros, e que será conectada a rede de saneamento de Ferrol coas obras en execución de interese xeral do Estado. Outra actuación hidráulica que se acometerá será a mellora no sistema de saneamento e depuración da Edar de Neda, cun investimento de máis de 500.000 euros, un proxecto que xa está redactado e que Augas de Galicia está a supervisar.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: