Archivo | noviembre 10, 2011

MEDIO RURAL ACLARA QUE EXISTE UN DISPOSITIVO APROPIADO PARA CUBRIR AS NECESIDADES SANITARIAS DOS VECIÑOS DA ILLA DE ONS

  • Así o manifestou hoxe o director xeral de Conservación da Natureza na súa comparecencia na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
  • A asistencia sanitaria da Illa de Ons é sufragada a cargo dos orzamentos da Consellería do Medio Rural
  • A maiores, de xuño a setembro, préstase un servizo de asistencia sanitaria adicional atendido pola Cruz Vermella co que se cobren os primeiros auxilios
  • Neste 2011 realizáronse mil cento cincuenta e dúas atencións, cun total de seis evacuacións

 

Santiago, 9 de novembro de 2011.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, explicou hoxe na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento que as necesidades sanitarias dos veciños da Illa de Ons –pertencente ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia- están cubertas por un dispositivo apropiado en tempo de máxima asistencia, como resposta á pregunta do Bloque Nacionalista Galego sobre ás previsións de mellora de atención sanitaria nesta illa.

 

Con relación á asistencia sanitaria da Illa de Ons, cuxo custo corre a cargo do orzamento da Consellería do Medio Rural, García-Borregón explicou que dende xuño ata setembro préstase un servizo de asistencia sanitaria atendido pola Cruz Vermella co que se cobren os primeiros auxilios, por persoal con formación adecuada e material sanitario apropiado para os mesmos.

 

Do mesmo xeito, engadiu que en inverno residen na illa entre 10 e 14 persoas, estando atendidas por unha vixilancia de axentes medioambientais durante as 24 horas do día, onde ademais sempre hai unha embarcación para emerxencias e, en caso de máxima urxencia, o helicóptero de evacuación do 112 (SOS Galicia). Polo tanto, o director xeral reiterou unha vez máis que as necesidades potenciais están cubertas ao longo do ano.

 

Memoria do 2011

Na memoria deste ano, o director destacou que se realizaron mil cento cincuenta e dúas atencións, cun total de seis evacuacións na que se contou coas embarcacións do propio Parque –xestionado pola Consellería do Medio Rural- e do helicóptero do 112 SOS Galicia, co posterior traslado na ambulancia aos centros de saúde.

AEMOS presenta su nuevo plan de empleo insere 2.0

  • La Xunta de Galicia aprobó a la asociación la realización de este proyecto que integra acciones innovadoras como el Networking 2.0 y la organización del I Foro de Empleo
  • El acto de presentación será mañana jueves, a las 18.00 horas, en el CDL de Mos y estará presidido por la conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, el presidente de AEMOS José Mañás y la alcaldesa Nidia Arévalo, en representación de las tres entidades participantes en el proyecto Leer Más…

Estrategia integral contra el racismo, la discriminación racial, la xenofobia y otras formas conexas de intolerancia.

Una sociedad verdaderamente democrática es aquella que se preocupa por hacer posibles las aspiraciones de dignidad y futuro de todos sus miembros, especialmente de los más vulnerables. La sociedad española reclama políticas e instrumentos de mejora colectiva a través de sus instituciones y de las entidades de la sociedad civil. La erradicación de cualquier forma de discriminación, incluidos el racismo y la
xenofobia, es la única manera de hacer que los derechos humanos sean una realidad cotidiana para todas y todos. Existen varios motivos fundamentales para el desarrollo de una Estrategia integral contra el racismo, la discriminación racial, la xenofobia y otras formas conexas de intolerancia:
a) La diversidad social, ya existente en la sociedad española, que se ha visto incrementada como consecuencia de la nueva realidad migratoria.

b) Responder al llamamiento de la Conferencia Mundial de Naciones Unidas
contra el Racismo, la Discriminación Racial, la Xenofobia y Otras Formas
Conexas de Discriminación Racial así como a las recomendaciones de otros organismos internacionales.
c) La necesidad de articular y desarrollar las acciones que en este sentido se vienen desarrollando.
Por estos motivos, el Gobierno de España está firmemente comprometido en la lucha contra el racismo, la discriminación racial, la xenofobia y otras formas conexas de intolerancia.  La Estrategia parte del reconocimiento de que las actitudes, manifestaciones discriminatorias y hechos de violencia y odio motivados por origen racial o étnico continúan estando presentes en la sociedad española; el riesgo de la persistencia de estas actitudes constituye una amenaza a la convivencia, la cohesión y la paz social. A lo largo de los últimos años, se ha ido gestando una masa crítica, así como una experiencia de lucha contra la discriminación, con la puesta en marcha de servicios públicos, impulso de actuaciones desarrolladas por la sociedad civil, campañas de sensibilización, que ejemplifican el compromiso concreto de una voluntad política transformadora de una problemática que nos afecta como comunidad.

Pedro Zerolo.

EL BARCO HOTEL SUNBORN ACOGERÁ LA GRAN CENA DE GALA DE LA FUNDACIÓN TITANIC Y OTROS TEMAS‏

Los beneficios obtenidos de la cena serán destinados al Hospital Infantil Sant Joan de Déu de Barcelona.
La Fundación intentará que en los comedores sociales de España se sirva el mismo menú durante la noche del 14 de abril de 2012.
Las bodegas Henri Abelé (Grupo Freixenet) lanzan una colección limitada de botellas de vino y Champagne para el centenario. Leer Más…

Presentación da Rede de mentores en materia de Internacionalización, no marco do proxecto transnacional ECICII

O próximo 29 de novembro desenvolverase na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) a xornada de presentación da Rede de Mentores nen materia de Internacionalización, impulsada pola Consellería de Economía e Inudustria a través do Igape e  BIC Galicia, no marco do Proxecto ECICII, dentro do Programa POCTEP Galicia-Norte de Portugal financiado con fondos FEDER da Unión Europea e co obxectivo de apoiar a proxección exterior das empresas galegas mediante o apoio altruísta de expertos neste ámbito. Leer Más…

O CONSELLO DA XUNTA APROBARÁ MAÑÁ OS PAGOS AOS MARISCADORES POLAS TAREFAS DE REXENERACIÓN DE ZONAS C DE SETEMBRO

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández reuníronse cos mariscadores de Ferrol

  • Rosa Quintana sinalou que o obxectivo desta reunión era escoitar “como sempre fixemos dende a Xunta” as opinións dos mariscadores respecto das alternativas ao Plan de dinamización da Ría
  • As actuacións da Administración galega para a ría de Ferrol implican mobilizar un investimento de 160 millóns de euros

O Consello da Xunta aprobará mañá os pagos aos mariscadores de Ferrol e doutras confrarías correspondentes ás tarefas de rexeneración de zonas C realizadas no mes de setembro. Foi o que adiantou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, aos mariscadores de Mugardos, Ferrol e Barallobre na xuntanza mantida este mediodía con eles e na que tamén estiveron os tres sindicatos principais, o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA PROXECTOS INNOVADORES EN 15 EMPRESAS TECNOLÓXICAS A TRAVÉS DO PROGRAMA BIC I-TEAMS

A iniciativa está dirixida a compañías creadas nos últimos catro anos

As pequenas e medianas empresas seleccionadas recibirán asesoramento para obter resultados dos seus proxectos en menos de tres meses

Ao remate do programa os traballadores estarán preparados para desenvolver sós os procesos de innovación necesarios para ser competitivos

§  Entre os participantes atópanse firmas de servizos TIC pioneiras en Galicia, como o portal Classora, con máis dun millón de páxinas visitadas ao mes, ou On-Touch, dedicada a novas tecnoloxías publicitarias

. No programa tamén participan consultoras de eficiencia enerxética e renovables ou laboratorios químico-farmacéuticos

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A CAPTACIÓN DE FONDOS NO SECTOR PÚBLICO E PRIVADO DA I+D+i GALEGA

  • O director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, participa na presentación do proxecto “Mobiliario Intelixente”, que ten obtido financiamento do Fondo Tecnolóxico Europeo, xestionado polo CDTI
  • O director xeral de I+D+i lembra a estratexia exposta desde o Plan de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) para reforzar a captación galega de recursos
  • Consellería de Economía e Industria, xunto co CDTI, poñen en marcha o Programa Interconecta orientado á captar financiamento europeo para pemes galegas, que suporá a mobilización de preto de 60 millóns de euros

O CONSELLO FORESTAL AVANZA NO BORRADOR DO ANTEPROXECTO DA LEI DE MONTES DE GALICIA

  • Medio Rural incorporou a este novo documento de traballo modificacións en máis do 75% do seu articulado, tralo estudo das achegas realizadas por medio cento de entidades e organizacións e a celebración de xuntanzas coas mesmas
  • O anteproxecto da que será a primeira Lei de Montes de Galicia ten por obxecto establecer un réxime xurídico estable que se adecúe ao monte galego que se procura para o século XXI e dea debida resposta ás demandas dos distintos axentes vinculados ao sector forestal e á sociedade galega no seu conxunto

Santiago, 9 de novembro de 2011.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidiu este mediodía a xuntanza do Consello Forestal de Galicia –órgano consultivo e asesor da Administración Forestal no que están representados, ademais da Xunta, produtores, industria, Fegamp e diferentes organizacións agrarias e conservacionistas–, que avanzou na análise e consenso do novo texto do borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galicia. Ao inicio da xuntanza, Juárez amosouse moi satisfeito do nivel de participación do sector e da sociedade en xeral e reiterou a vontade da Consellería de acadar o maior consenso posible na elaboración desta norma porque, tal e como dixo, “a nosa intención é que perdure no tempo, nun sector que precisa un marco xurídico estable”. Avogou ademais por manter a rendibilidade económica, social e ambiental do monte, como principios xerais, e –engadiu–  “por aí vai esta lei”. Apostou tamén por ser capaces, entre todos e en harmonía, “de facer un marco legal que dea resposta a tódolos aproveitamos do monte galego e, en xeral, do ámbito rural de Galicia”.

Esta reunión forma parte do proceso de consultas e información pública posto en marcha por Medio Rural dende o pasado mes de xuño para presentar este texto legal (que é un documento aberto) aos diferentes axentes do sector, e recabar as súas achegas cara ao traballo de análise e modificación do documento. Neste senso, ao longo dos meses de setembro e outubro, e co fin de clarexar estas aportacións, a Dirección Xeral de Montes mantivo máis dunha trintena de xuntanzas directas coas organizacións que compoñen o Consello Forestal, que presentaron alegacións para acadar o máximo consenso. Leer Más…

sesión 6×6 – Verbum Casa das Palabras

Hoxe xoves día 10, ás 20.30 horas haberá, no museo Verbum – Casa das Palabras, unha nova sesión do espectáculo “6×6. Punto de encontro” co título “A palabra movemento” posta en escena por Alberto Rolán, Rubén Abad e Olga Cameselle.

A Palabra Movemento. A palabra en movemento. Os movementos das palabras. A partires de textos que conectan a voz , o xesto e o movemento. A palabra escenica (Kantor, Valle Inclán, Bernard Marie Koltes…) e o movemento que esta xenera. O movemento que a oralidade suscita na natureza, no noso entorno, na propia pel. Carlota Perez e Alberto Rolán desenvolven dous puntos de partida distintos (A palabra e o movemento) sobre esta premisa. Rubén Abad enmarca esta proposta co seo soporte sonoro.