Presentación da Rede de mentores en materia de Internacionalización, no marco do proxecto transnacional ECICII

O próximo 29 de novembro desenvolverase na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) a xornada de presentación da Rede de Mentores nen materia de Internacionalización, impulsada pola Consellería de Economía e Inudustria a través do Igape e  BIC Galicia, no marco do Proxecto ECICII, dentro do Programa POCTEP Galicia-Norte de Portugal financiado con fondos FEDER da Unión Europea e co obxectivo de apoiar a proxección exterior das empresas galegas mediante o apoio altruísta de expertos neste ámbito.
O obxectivo deste encontro é consolidar unha rede de mentores que acompañen ás pemes nos seus procesos de internacionalización, contribuíndo á capacitación como mentores en internacionalización de profesionais que pola  súa experiencia e coñecementos podan axudar a outras empresas a dar o salto á internacionalización. Ao mesmo tempo, este encontro pretende aproveitar as sinerxias coa Rede Mentoring de BIC Galicia
O proxecto europeo de cooperación transnacional no ámbito da internacionalización ECICII, que lidera o Igape, ten como obxectivo principal dinamizar a proxección exterior das empresas mediante a cooperación entre entidades asociativas e organismos públicos de Galicia e do Norte de Portugal. No encontro do próximo día 29 participarán representantes da Associaçao Empresarial de Portugal, xunto con representantes da CEO, da CEP, do Igape e de BIC Galicia.
O proxecto europeo ECICII foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) e busca promover e reforzar as relacións económicas e as redes de cooperación existentes en áreas de traballo como a vixilancia e os estudos de mercados, a capacitación profesional para a internacionalización, a cooperación empresarial e institucional e a creación de redes conxuntas para dar pulo á internacionalización empresarial.
Innscricións: europeos@ceo.es

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: