Archive | noviembre 11, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 11-11-11


O alcalde, satisfeito pola inclusión do AVE e do Porto de Vigo na Rede Transeuropea de Transportes

Abel Caballero informou hoxe venres da recepción dunha carta do ministro de Fomento, José Blanco, que lle comunica que o Porto de Vigo e o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo están incluídos na Rede Transeuropea de Transportes. Tal e como viña solicitando, o alcalde indicou que por vía corrección de erros subsánase estas ausencias.

 


Urbanismo inicia o desenvolvemento dun ámbito urbanístico en Samil de 65.000 m2 e o 48% de vivenda protexida

O alcalde, Abel Caballero, deu conta hoxe venres dos acordos adoptados na Xerencia municipal de Urbanismo, entre os que se atopa o inicio do procedemento para a tramitación e aprobación do planeamento de desenvolvemento do ámbito de 65.000 metros cadrados fronte ás pistas deportivas de Samil. Explicou Caballero que a cidade recibirá 10.000 m2 de zonas verdes e 550 prazas de aparcamento públicas.

 

Caballero adianta que a próxima semana comezan os traballos de humanización de Severino Cobas

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os plans de seguridade e saúde das obras de humanización de Severino Cobas, o último trámite administrativo previo ao inicio desta reforma por valor de 3,5 millóns, que o alcalde datou na próxima semana. O goberno de Vigo tamén validou a contratación de 18 mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 210.000 euros.

 

O Concello estuda reclamar xudicialmente á Deputación os 621.000 euros que debe a organismos vigueses

O alcalde, Abel Caballero, adiantou este venres que os servizos xurídicos municipais estudan fórmulas para reclamar por vía xudicial á Deputación de Pontevedra os 450.000 euros da débeda contraída co Museo MARCO de Vigo, os 90.000 euros coa Fundación ProVigo e os 81.000 euros coa Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI). O rexedor recordou que é unha “obrigación” do ente provincial coas devanditas institucións.

 


Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos: 13,20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E MICROVÍDEOS: “25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero-2011”

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.

 


Festa 9º aniversario do MARCO


O domingo 13 de novembro, o MARCO cumpre nove anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro terá lugar a festa do 9º aniversario, cun programa de actividades para públicos de todas as idades. Para esta especial ocasión, o museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual, incluíndo a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 03.00 do domingo, e reanudándose dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo.

 


Exposición do XVI Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”

A Casa das Artes acolle a exposición das obras do XVI Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas do Cristo o pasado día 10 de Agosto.

 


Auditorio Municipal “Tulipáns”, Dloira

Danza, teatro, cine mudo… rompen a relación entre o espectador e o bailarín de “Tulipáns”, unha obra na que esa barreira se traspasa para ser entre todos unha parte activa da obra.Esta é a proposta da compañía de danza Dloira para o espectáculo que representará o sábado 12, no Auditorio Municipal, ás 21.00 horas.

 


Magosto na praza do Berbés

A concellería de cultura colabora coa Federación de Peñas Recreativas “El Olivo”, na organización do Magosto que terá lugar o sábado 12 de novembro na praza do Berbés, a partir das 18 horas.

ciclo de cine infantil

NAUSICAÄ DEL VALLE DEL VIENTO
Ano: 1984
Estrea en España: maio 2010
Duración: 116 minutos
Dirección: Hayao Miyazaki
País: Xapón
Xénero: Animación, ciencia ficción
Público:dirixida ao público infantil,
a partir dos 7 anos.

ciclo de cine infantil organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co museo Verbum – Casa das Palabras.

O ciclo terá lugar os vindeiros domingos 13, 20 e 27 de novembro ás 17.30 horas no museo Verbum.

A entrada é gratuíta ata completar aforamento.

PRIMERAS CONFIRMACIONES. Optimus Primavera Sound Porto

Björk, Jeff Mangum, Codeine, Yo La Tengo, Neon Indian y Other Lives son los primeros nombres confirmados para Optimus Primavera Sound, cuya primera edición tendrá lugar en Oporto del 7 a 10 de junio de 2012. Leer Más…

LUCÍA MOLARES COÑECEU HOXE O AUTOBÚS DA MEDICINA INTENSIVA, QUE CHEGA A VIGO PARA ACHEGAR ESTA ESPECIALIDADE AOS CIDADÁNS

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo estivo acompañada polo xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), Francisco Soriano.
  • Molares recoñeceu o traballo feito pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (Semyciuc) e sinalou que a chegada do bus á cidade olívica é unha forma de “achegar” aos cidadáns á metodoloxía sanitaria. Leer Más…

A SEMANA DAS CIENCIAS ARRANCA MAÑÁ NO MUSEO DO MAR

Os obradoiros e o cine de carácter científico marcan unha programación especial na que colaboran o Instituto de Investigaciones Mariñas e a Facultade de Químicas da Universidade de Vigo

Vigo, venres 11 de novembro de 2011.– A Semana das Ciencias dará comezó mañá no Museo do Mar de Galicia –MdM- cunha intensa programación baseada no estudo das características químicas do mar e baixo o lema Semana das Ciencias, Química. Solución para un mundo sostible. O obxectivo é achegar a cidadanía o impacto do desenvolvemento industrial, tecnolóxico e científico nos océanos. Leer Más…

Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero

Cadena humana que tendrá lugar el día 25 de noviembre (Día Internacional contra la Violencia de Genero) a las 11:00h. en la entrada principal del Museo MARCO por las calles de Vigo hasta llegar al Ayuntamiento.

Es muy importante la participación, para concienciar a la gente y intentar parar la muerte de mujeres, pues desde que se empezaron a contabilizar que fue en el año 2003 van más de 600 mujeres.

A Violencia de Xénero deixou de ser un fenómeno invisible en España en 2003. Naquel ano o Goberno de España comezou a darlle tratamento estatístico efectivo a unha das maiores lacras da sociedade: a violencia desenvolvida contra as mulleres no seu contorno máis próximo e a mans das súas parellas ou exparellas. A visibilidade da Violencia de Xénero ten posto de manifesto unha cruda realidade. Desde 2003 e ata hoxe case 600 mulleres foron asasinadas (datos do Ministerio de Igualdad) vítimas da discriminación, da situación de desigualdade e das relacións de poder que os homes exerceron contra elas. Para facer fronte á inmensa dor que a Violencia de Xénero xera ás mulleres e ao seu ámbito familiar, entraron en vigor leis e servizos que teñen por obxectivo favorecer a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. No entanto, a batería de iniciativas desenvolvidas ao longo destes últimos nove anos arroxan un tímido resultado. Cada ano son asasinadas unha media de 66 mulleres por Violencia de Xénero en todo o país. Resulta evidente pois, que as Administracións públicas e os poderes do Estado precisan, na súa loita contra a Violencia de Xénero, da resposta contundente e clamorosa do conxunto da sociedade, porque a pasividade é un arma máis no terrorismo machista. Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller propón que o 25 de novembro a cidadanía de Vigo participe dun xeito masivo nunha cadea humana para expresar con contundencia a condena do machismo e da violencia contra as mulleres como unha das súas consecuencias máis dramáticas. Para acadar este obxectivo, o Consello Municipal da Muller reclamará a implicación e participación de máis de 200 institucións e organizacións da cidade, así como a adhesión particular da cidadanía a través das redes sociais e de diferentes accións
de promoción e chamamento. A convocatoria da cadea humana “Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero” foi acordada pola Comisión de Traballo do Consello Municipal da Muller o pasado día 10 de outubro e forma parte dunha ambiciosa campaña posta en marcha polo Consello Municipal da Muller co gallo do 25 de novembro baixo o lema “O machismo mata”. Unha vez máis, o movemento feminista de Vigo, referente na loita contra a discriminación das mulleres e cunha longa traxectoria a prol da igualdade, é quen de liderar unha iniciativa na que se demanda a implicación de toda a cidadanía.

LOS ALUMNOS DEL TALLER DE PINTURA EXPONEN SUS TRABAJOS EN EL CENTRO CULTURAL DE PORRIÑO

Porriño_exposición_taller_pintura (2).jpg Porriño

La muestra inaugurada ayer por el alcalde Nelson Santos y las concejalas Teresa Veloso y Ana Martínez se compone de 28 lienzos, algunos interpretaciones de obras ya existentes y otros frutos de la imaginación de este grupo de jóvenes de entre 6 y 13 años y usuarios de Aceesca que acuden semanalmente a las clases impartidas por Nito Pereiro y Nuria Vilanova La exposición, enmarcada en la programación cultural de otoño organizada por la Concejalía de Cultura, permanecerá abierta al público en las dependencias del centro cultural municipal hasta el próximo sábado 26 de noviembre

The Gift con Anna Calvi en Canadá y nuevos temas

Tras la presentación internacional que llevó a The Gift a EEUU, Canadá y Brasil para promover el lanzamiento de Explode en estos países, la banda regresa a Portugal con intención de grabar nuevos temas y preparar los próximos conciertos con Anna Calvi por tierras Canadienses.

A DEPUTACIÓN ADXUDICOU OBRAS POR VALOR DE 260.000 EUROS NOS CONCELLOS DA COMARCA DE VIGO PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS E OS SERVIZOS

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que xa están adxudicadas as obras do Plan Provincial de Cooperación na Comarca de Vigo que suporán un investimento de 259.000 euros nos catro concellos da comarca agás Vigo. As obras están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Os habitantes de Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior beneficiaranse desta iniciativa coa que a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros en toda a provincia. Leer Más…

Las energías renovables cubrirán el 20,8% del consumo de energía en España en el año 2020‏

  • El Gobierno aprueba la Planificación Energética Indicativa y el Plan de Energías Renovables (PER) a 2020, que establece el camino para que España supere el objetivo de la UE de que un 20% del consumo de energía sea de origen renovable en 2020.
  • La electricidad renovable cubrirá el 61% del objetivo del PER en 2020. Las renovables subirán su peso en la generación eléctrica en un 30%, en un 57% en los usos térmicos y en un 125% en el transporte.
  • El PER generará un beneficio económico estimado en 29.000 millones de euros gracias a las menores importaciones de hidrocarburos. Además, en el periodo se evitará la emisión de 171 millones de toneladas de CO2.
  • Se consolidan las tecnologías maduras y se propone regular el autoconsumo y apostar por la I+D con tecnologías como la geotermia o la energía de las olas. Leer Más…