A DEPUTACIÓN ADXUDICOU OBRAS POR VALOR DE 260.000 EUROS NOS CONCELLOS DA COMARCA DE VIGO PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS E OS SERVIZOS

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que xa están adxudicadas as obras do Plan Provincial de Cooperación na Comarca de Vigo que suporán un investimento de 259.000 euros nos catro concellos da comarca agás Vigo. As obras están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Os habitantes de Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior beneficiaranse desta iniciativa coa que a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros en toda a provincia.

No concello de Redondela a Deputación investirá 101.616 euros na pavimentación do camiño municipal que vai entre o Colexio de Porto Cabeiro e o cemiterio de Cabeiro.

En Fornelos de Montes acometerase a mellora dos accesos aos núcleos de poboación e do alumeado de Rial, Couñago, Airoa, Cimadevila, Ventín e Fornelos. Nesta actuación o ente provincial investirá 56.409 euros.

En Soutomaior realizaranse obras de saneamento nas parroquias do Cubillón, Arcade e Soutomaior por un importe superior aos 50.400 euros.

Por último, en Pazos de Borbén realizaranse tamén obras de mellora do saneamento en Amoedo e Pazos nas que a Deputación investirá 49.661 euros.

Plan Provincial de Cooperación

Con cargo ao Plan Provincial de Cooperación a Deputaicón investirá máis de 5,55 millóns de euros. Os cartos destínanse a mellorar servizos e infraestruturas nos concellos e estradas e camiños de competencia provincial. O Plan ten un triplo financiamento xa que achegan fondos a Deputación (30%), o Estado (40%) e os Concellos (30%).

O PPC ten como obxectivo reducir os déficits de servizos existentes nos concellos, mellorar o estado de conservación da rede viaria de titularidade provincial e xerar postos de emprego en empresas locais, algo moi importante nun momento de crise económica como o que vive o país.

Son obxectivos directos deste plan desenvolver actuacións en materia de alumeado público, mellora de pavimentos, abastecemento de augas, prevención e extinción de incendios, saneamentos, accesos ou ensanches de rúas.

A distribución por concello das subvencións cifrouse en base a un módulo fixo, igual para todos os concellos, e outro módulo proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes e a extensión territorial de cada termo municipal de modo que se teñan en conta variables como a dispersión poboacional ou o hábitat para que os veciños do rural poidan contar cos similares servizos que nas cidades e vilas.

CONCELLO

OBRA

TOTAL

FORNELOS

 

ACCESOS A NÚCLEOS Y ALUMBRADO PÚBLICO EN RIAL,COUÑAGO,AIROA,CIMADEVILA,VENTÍN A FORNELOS

 

56.409,36

PAZOS DE BORBÉN

 

SANEAMENTO EN AMOEDO E PAZOS

 

49.661,07

REDONDELA

 

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO MUNICIPAL COLEXIO PORTO CABEIRO-CEMITERIO DE CABEIRO (CABEIRO)

 

101.616,60

 

SOUTOMAIOR

 

SANEAMENTO EN CUBILLÓN – ARCADE – SOUTOMAIOR

 

50.455,60

258.142,63

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: