A SEMANA DAS CIENCIAS ARRANCA MAÑÁ NO MUSEO DO MAR

Os obradoiros e o cine de carácter científico marcan unha programación especial na que colaboran o Instituto de Investigaciones Mariñas e a Facultade de Químicas da Universidade de Vigo

Vigo, venres 11 de novembro de 2011.– A Semana das Ciencias dará comezó mañá no Museo do Mar de Galicia –MdM- cunha intensa programación baseada no estudo das características químicas do mar e baixo o lema Semana das Ciencias, Química. Solución para un mundo sostible. O obxectivo é achegar a cidadanía o impacto do desenvolvemento industrial, tecnolóxico e científico nos océanos.

O programa contempla a celebración de obradoiros científicos durante todas as fines de semana deste mes, organizados en colaboración coa Facultade de Químicas da Universidade de Vigo. Terán lugar os sábados ás 12:00 h. -dirixidos a rapaces a partir dos once anos de idade-, e os domingos ás 17:00 h. -enfocados ás familias-.  O prezo desta actividade será de 1,5 euros por persoa, coa excepción dos socios do Clube a Babor, para os que será de balde.
O cine de carácter científico será outro dos pratos fortes da programación. Os domingos 13, 20 e 27 deste mes proxectarase o documental O Mar do Fin do Mundo, gañador do primeiro premio do Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián, no salón de actos do MdM. Nesta mesma liña pero en colaboración co Instituto de Investigaciones Mariñas (CSIC) levarase a cabo un Cineforum Científico no que se poderán visualizar os filmes Cannery row20.000 leguas de viaxe submarina. As proxeccións desenvolveranse o próximo xoves 17 ás 20:00h., e o sábado 26 ás 18:30 h., respectivamente. Tras elas celebrarase un coloquio guiado polo persoal investigador do CSIC.
Ademáis desta oferta específica da Semana das Ciencias, os máis pequenos poderán bailar e cantar este mes ao son da Música das Mareas. Unha actividade enfocada a reforzar os lazos afectivos paterno-filiais a través dos sons do mar.
Está dirixida á estimulación do sistema psicosensorial e psicomotriz de nenos de 0 a 5 anos-terán que acudir na compaña dun adulto- e celebrarase os sábados de 17:00 h. a 18:30 h. Constará de catro sesións que empezarán o día 19 deste m arrancará es.
Tamén arrancará o próximo domingo día 13 a nova tempada do programa Roteiros pola Costa co itinerario Impactos na costa,  que achegará aos asistentes aos cambios sufridos no litoral vigués por mor da acción humana.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: