Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero

Cadena humana que tendrá lugar el día 25 de noviembre (Día Internacional contra la Violencia de Genero) a las 11:00h. en la entrada principal del Museo MARCO por las calles de Vigo hasta llegar al Ayuntamiento.

Es muy importante la participación, para concienciar a la gente y intentar parar la muerte de mujeres, pues desde que se empezaron a contabilizar que fue en el año 2003 van más de 600 mujeres.

A Violencia de Xénero deixou de ser un fenómeno invisible en España en 2003. Naquel ano o Goberno de España comezou a darlle tratamento estatístico efectivo a unha das maiores lacras da sociedade: a violencia desenvolvida contra as mulleres no seu contorno máis próximo e a mans das súas parellas ou exparellas. A visibilidade da Violencia de Xénero ten posto de manifesto unha cruda realidade. Desde 2003 e ata hoxe case 600 mulleres foron asasinadas (datos do Ministerio de Igualdad) vítimas da discriminación, da situación de desigualdade e das relacións de poder que os homes exerceron contra elas. Para facer fronte á inmensa dor que a Violencia de Xénero xera ás mulleres e ao seu ámbito familiar, entraron en vigor leis e servizos que teñen por obxectivo favorecer a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. No entanto, a batería de iniciativas desenvolvidas ao longo destes últimos nove anos arroxan un tímido resultado. Cada ano son asasinadas unha media de 66 mulleres por Violencia de Xénero en todo o país. Resulta evidente pois, que as Administracións públicas e os poderes do Estado precisan, na súa loita contra a Violencia de Xénero, da resposta contundente e clamorosa do conxunto da sociedade, porque a pasividade é un arma máis no terrorismo machista. Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller propón que o 25 de novembro a cidadanía de Vigo participe dun xeito masivo nunha cadea humana para expresar con contundencia a condena do machismo e da violencia contra as mulleres como unha das súas consecuencias máis dramáticas. Para acadar este obxectivo, o Consello Municipal da Muller reclamará a implicación e participación de máis de 200 institucións e organizacións da cidade, así como a adhesión particular da cidadanía a través das redes sociais e de diferentes accións
de promoción e chamamento. A convocatoria da cadea humana “Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero” foi acordada pola Comisión de Traballo do Consello Municipal da Muller o pasado día 10 de outubro e forma parte dunha ambiciosa campaña posta en marcha polo Consello Municipal da Muller co gallo do 25 de novembro baixo o lema “O machismo mata”. Unha vez máis, o movemento feminista de Vigo, referente na loita contra a discriminación das mulleres e cunha longa traxectoria a prol da igualdade, é quen de liderar unha iniciativa na que se demanda a implicación de toda a cidadanía.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: