LUCÍA MOLARES COÑECEU HOXE O AUTOBÚS DA MEDICINA INTENSIVA, QUE CHEGA A VIGO PARA ACHEGAR ESTA ESPECIALIDADE AOS CIDADÁNS

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo estivo acompañada polo xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), Francisco Soriano.
  • Molares recoñeceu o traballo feito pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (Semyciuc) e sinalou que a chegada do bus á cidade olívica é unha forma de “achegar” aos cidadáns á metodoloxía sanitaria.

Vigo, 11 de novembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, acompañada do xerente do Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI), Francisco Soriano, coñeceu esta mañá o Autobús da Medicina Intensiva impulsado pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (Semicyuc) que hoxe chega a Vigo por primeira vez despois de saír de Alicante o pasado 7 de novembro e percorrer xa Granada, Córdoba e Salamanca. Durante o día de hoxe estará estacionado no recinto do Hospital Xeral para poñer rumbo a Xixón, Santander, San Sebastián, Pamplona e rematar en Barcelona o 18 de novembro.

Lucía Molares recoñeceu así o traballo feito polos profesionais da Medicina Intensiva e da Sociedade Española por intentar con este tipo de accións sensibilizar e aproximar aos cidadáns á metodoloxía sanitaria. “É unha forma de achegar aos cidadáns a esta especialidade médica”, dixo a delegada, quen firmou tamén no libro de honra de Semicyuc. Molares agradeceu así que hoxe este autobús estivera na cidade co fin de divulgar as tarefas que os profesionais das Unidades de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais españois levan a cabo no seu traballo diario.

A finalidade desta campaña de sensibilización a nivel nacional non é outra que aproximar a Medicina Intensiva á poboación para que coñeza que é unha UCI e cómo traballan os profesionais médicos nela. A campaña pretende conseguir un maior recoñecemento e concienciar da importancia que teñen os equipos de dita especialidade no proceso de salvar vidas. Trátase pois de intensificar de maneira efectiva a presencia da Medicina Intensiva transmitíndolle unha mensaxe que aporte seguridade aos cidadáns baixo o lema “UCI é vida”.

O autobús conta con instrumentación e equipamentos propios das UCIs (cama, respirador, monitorización, bombas de infusión…) conectados a un moderno maniquí simulador de paciente. Os cidadáns poderán coñecer así as características do traballo os intensivistas e poderán consultar todas as dúbidas e cuestións que consideren oportunas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: