TRABALLO PON EN MARCHA UNHA REDE SOCIAL EN FACEBOOK E TUENTI PARA PROMOVER A CULTURA EMPRENDEDORA A TRAVÉS DO COOPERATIVISMO

  • Anímate a emprender, Cooperativízate!’ acadou en catro meses de funcionamento máis dun millar de seguidores e 110.000 visualizacións
  • A rede en galego está operativa todos os días do ano e ao servizo das máis de 1.100 cooperativas que existen en Galicia
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar ofrece información sobre as últimas novidades, cursos, xornadas e eventos relacionados co cooperativismo e o emprendemento
  • Nas páxinas web pódese atopar unha asesora virtual que sirve de axuda para procedementos relacionados coa posta en marcha dunha cooperativa

Santiago, 11 de novembro de 2011.- A rede social ‘Anímate a emprender. Cooperativízate’ posta en marcha este verán pola Consellería de Traballo e Benestar conta en catro meses con máis dun millar de seguidores e alcanzou 110.000 visualizacións.

A iniciativa, que está presente en Facebook (http://www.facebook.com/cooperativizate ), e na rede da mocidade Tuenti (http://www.tuenti.com/cooperativizate), ten por obxectivo promover a cultura emprendedora a través do cooperativismo e as novas tecnoloxías. Trátase dunha rede en galego, operativa todos os días do ano e ao servizo das máis de 1.100 cooperativas presentes en Galicia. En Facebook, xa se acadaron as 110.000 visualizacións e os seiscentos comentarios, mentres que Tuenti vai á cabeza en número de seguidore

Na rede, ademais de darse a coñecer e promover as sociedades cooperativas de Galicia, tamén se informa sobre as últimas novidades, cursos, xornadas ou eventos relacionados co cooperativismo e o emprendemento. Son os casos do Día do Cooperativismo, a nova Lei de Cooperativas, o proxecto I+Coopera, a Plataforma de Teleformación do Consello Galego de Cooperativas ou as distintas actividades encadradas na Rede Eusumo.

‘Anímate a emprender, Cooperativízate!’ ten como finalidade facer unha chamada ao emprendemento e ao traballo en equipo, e máis no actual contexto de desemprego, aínda que tamén constitúe unha canle ao servizo das máis de 1.100 cooperativas existentes na Comunidade galega. A propia dinámica da rede social salienta algúns dos valores máis senlleiros do cooperativismo, caso da participación, a transparencia, a opinión aberta e a igualdade democrática.

A rede social conta cunha páxina de benvida con ligazóns ao manual de autoemprego e cooperativismo, ao mapa do cooperativismo en Galicia e tamén ás portadas das webs de O Cooperativismo no Ensino, o Consello Galego de Cooperativas ou a Rede Eusumo.

Tamén conta cunha asesora virtual para procedementos relacionados coa posta en marcha dunha cooperativa. O Facebook, ademais, contén pestanas con fotografías, vídeos e próximos eventos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: