O BNG insta á Xunta de Galiza a que pague inmediatamente os cartos que adebeda ao centro S. Xerome da Guarda

xmmendezcarmeadan.JPG xmmendezcarmeadan.JPG

A día de hoxe a administración galega adebeda unhas cantidades de escándalo, próximas aos 200.000 €.

A Guarda, 11 novembro 11. A deputada do BNG, Carme Adán, presentou unha iniciativa no Parlamento galego para que inste ao goberno galego o abono inmediato das cantidades comprometidas para o ano 2011 ao centro San Xerome da Guarda.

Segundo a deputada nacionalista, neste momento de crise económica o compromiso dos gobernos e as administracións co benestar e os servizos sociais debe ser maior, xa que neste momento son máis as persoas que necesitan do soporte da sociedade. Mais, o Goberno galego adoptou unha senda diferente e está realizando fortes recortes sociais.

Nesta liña de recortes o Centro San Xerome da Guarda, tanto no Centro de día como para persoas con discapacidade, como no Centro ocupacional, é un grande prexudicado. A día de hoxe a administración galega adebeda unhas cantidades de escándalo, próximas aos 200.000 €.

Estas débedas impiden o normal funcionamento e poñen en perigo a súa continuidade”, comenta Carme Adán.

Para o BNG esta é unha nova mostra da política de recortes en materia social do Goberno da Xunta do PP; no que tamén se ven afectados os propios Concellos, como o da Guarda, con recortes nos Plans Concertados de 70 e 80 %.

O BNG ve con preocupación como Feijoo está a converter á Xunta “no laboratorio de probas” das políticas de recortes sociais que pretende desenvolver o PP de gañar as eleccións xerais.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: