Silva critica a Feijóo por pechar centros de saúde e asegura que Rajoy o avala

• Trátase dun ataque máis a sanidade pública realizado polo goberno da Xunta do PP”, indicou Carmela Silva lembrou hoxe que o PP leva tres anos ao fronte da Xunta e “desde entón todas as mañás nos levantamos cun ataque máis á sanidade”. Nun encontro sectorial con profesionais da mediciña, a candidata socialista destacou que o PP ten a “desfachatez de dicir que son a salvagarda da sanidade cando están recortando e privatizando alí onde gobernan”.
Vigo, 12 de novembro de 2011. Carmela Silva asegura que desde que o PP chegou ao Goberno da Xunta “todas as mañás nos levantamos cun ataque máis á sanidade”. Así o asegurou hoxe nun encontro con profesionais da mediciña, organizado no Hotel Carrís, no que estivo acompañada por Abel Caballero e Cayetano Rodríguez. Comezou a súa intervención amosando a grande preocupación que experimentou como cidadá cando leu nun xornal que a Xunta de Galicia vai pechar centros de saúde no rural de toda Galicia “porque non son rendables económicamente, pero, desde cando se mide a saúde en termos de rendabilidade económica?, preguntouse a candidata. Silva explicou que nos tres anos de Goberno do PP en Galicia xa se rexistrou un recorte sanitario de máis de 500 millóns de euros, ao tempo que optaron pola privatización “por moito que Ana Pastor diga con desfachatez e descaro que apoia a sanidade pública. Feijóo recorta e Rajoy o avala”, apuntou. Como expemplo desta política privatizadora, Silva referiuse ao novo hospital privado, que vai ser xestionado por unha empresa privada, cun importante recorte de camas e prestacións “porque as empresas privadas queren beneficios, non dar mellores prestacións aos usuarios”, matizou. Ademáis, “parecen non estar contentos con estos recortes porque van a máis”, dixo en referencia á aprobación dunha disposición única do decreto que “abre as portas ao copago” porque a administración vai cobrar cando se faga un mal uso da sanidade e “qué é facer un mal uso, onde están os criterios que o definen”?, apostilou a socialista. Silva reiterou que a saúde non se poden medir en termos de rendabilidade económica e destacou que a sanidade é, xunto coa educación, un dos factores de cohesión social indispensables. Cuailficou a actitude dos populares de “descarada” porque se atreven a dicir que non van atacar á sanidade pública “cando xa o están a facer alí onde gobernan”. Polo contrario, defendeu a grande aposta pola sanidade pública que fixo o Goberno central nos últimos anos, que aumentou os orzamentos nun 20 por cento, ademais de aprobar normas que blindan ese servizo público como a Lei de sanidade pública ou a Lei de universalización dos sistema nacional de saúde. Por que nós, os socialistas, engadiu, cremos na saúde como factor de cohesión social e territorial. Silva apelou “ao voto reflexivo” o proximo día 20 porque “nos xogamos moito, nos xogamos un cambio no modelo social e desde o Partido Socialista imos pelexar para que non se toque todo o que nos fai iguais”, concluiu

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: