Archive | noviembre 14, 2011

ONDE MERCAN OS LARPEIROS -Presentación do libro de Tomás Alonso é Víctor López

ONDE MERCAN OS LARPEIROS
de Tomás Alonso e Víctor López
Martes 15 de novembro, ás 12:00 horas, no salón principal do Real Club Náutico de Vigo.
Unha nova achega do programa LARPEIROS, un percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe, unha festa de recendos e sabores na que non falta o humor.

MÁIS DE CINCOCENTOS ESTABLECEMENTOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARTICIPARON NA CAMPAÑA ‘MERCA NA RÚA’ DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

  • Esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, celebrouse este ano nos concellos de Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía
  • A campaña, que se enmarca na aposta estratéxica da Consellería polo apoio e modernización do pequeno comercio, incentiva durante dúas semanas as compras nas vilas nas que se desenvolve
  • Os consumidores viron premiada a súa fidelidade con 15.000 euros en vales de compra que se sortearon entre as preto de 55.000 papeletas repartidas

Pontevedra, 13 de novembro de 2011.- Máis de cincocentos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra participaron nos últimos dous meses na campaña de dinamización comercial Merca na Rúa, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, que se encadra na aposta de Economía e Industria polo apoio e o impulso á modernización do comercio de proximidade, desenvolveuse nesta edición nos concellos de Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía, onde se sortearon un total de 15.000 euros en vales de compra entre as preto de 55.000 papeletas repartidas.

Para a directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, o éxito de Merca na rúa non reside só na importante participación e boa acollida tanto do público como do sector comercial. Castro sinala que “con Merca na rúa non só se incentiva o consumo no pequeno comercio, senón que se lle dá difusión ao seu valor entre a cidadanía” e recorda que “as tendas de proximidade son un dos eixos de vertebración das vilas galegas, contribuíndo tamén á fortaleza do tecido empresarial e dando traballo a un importante número de persoas”.

Merca na rúa, que botou a andar no ano 2009, chegou xa nestas tres edicións a vinte concellos da provincia de Pontevedra. O programa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, que é financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación provincial, e que forma parte da Rede de Dinamización Comercial de Galicia, Re-Dic. Esta rede conta con 52 puntos de información en toda Galicia, 22 deles en Pontevedra, e foi creada, xunto con iniciativas como a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio, para abrir canles de comunicación directas e eficaces entre os comerciantes e a Administración.

 

 

O CETMAR ACOLLERÁ UN SEMINARIO SOBRE O APROVEITAMENTO DOS SUBPRODUTOS PESQUEIROS NO ÁMBITO INDUSTRIAL DAS APLICACIÓNS BIOMÉDICAS

  • Expertos de diferentes países abordarán sobre a necesidade de facer un uso sostible dos subproductos pesqueiros e dos organismos mariños e valorarán a posibilidade de encamiñar a súa valorización cara o eido industrial das aplicacións biomédicas

Santiago, 13 de novembro de 2011.- O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) organizará un seminario que leva por título Desenvolvementos e Innovacións Biomédicas Vinculadas á Valorización de Subproductos Pesqueiros que se celebrará o próximo venres, 18 de Novembro, no centro. O obxectivo é abordar as posibles aplicacións, en concreto a biomédica, que poden desenvolverse en base á valorización de subproductos pesqueiros e organismos mariños.

A industria pesqueira xera unha gran cantidade de subproductos que só son aproveitados parcialmente a pesar do enorme potencial que teñen. Por outra banda, estase valorando cada vez mais a necesidade de facer un uso completo e sostible das materias primas como un dos baluartes da economía. Os expertos consideran necesario sacar valor en maior medida a estas materias primas e introducilas en canais comerciais que desemboquen en empresas especializadas na valorización. Leer Más…

EL PP DENUNCIA QUE EL GOBIERNO MUNICIPAL IGNORA Y MALTRATA A LOS VECINOS DE LA CALLE IRMANDIÑOS Y ALEDAÑOS

  • DSC00487.JPG Dr

    Teresa Egerique visita la zona tras las numerosas quejas de los vecinos que siguen sin tener respuesta del Ayuntamiento

  • Muchos de los vecinos se han visto obligados a poner rejas en sus ventanas ante el aumento de la peligrosidad de la zona”

Vigo, 13 de noviembre de 2011.- El PP sigue visitando las zonas deterioradas de la ciudad para demostrarle a los vigueses que para Abel Caballero existe un Vigo de primera frente a otro de segunda e incluso de tercera. En el caso de la zona de Irmandiños “los vecinos denuncian que las aceras están rotas y desniveladas, la calle sin señalizar, casas con riesgo de derrumbarse y zonas públicas sin iluminación ni limpieza”.

 

La concejala, Teresa Egerique, se reúne con un grupo de vecinos que han denunciado la situación de abandono y dejadez en numerosas ocasiones sin recibir respuesta. “Eso sí, en campaña electoral el alcalde nos prometió que lo arreglaría” critica una vecina.

Es ofensivo para los ciudadanos de esa zona que se hayan aprobado nuevas humanizaciones por valor de más de 15 millones de  euros y no se destine nada para Irmandiños. Esta calle, en pleno centro de Vigo y rodeada por Alfonso VIII y Cervantes, calles arregladas recientemente, se encuentra en un estado marginal y lamentable. Esta situación ha sido denunciada en varias ocasiones sin recibir respuesta por parte del Ayuntamiento”.

 

El PP exige al alcalde que tome medidas y atienda las numerosas quejas y peticiones de los vecinos.

Uno de ellos relata todas las deficiencias y advierte que “hay un edificio con orden de derrumbamiento del año 2007. Además las aceras están llenas de agujeros y desniveles dificultando el paso y el acceso a las viviendas. La unión entre las calles Irmandiños y Lepanto, se está convirtiendo en un lugar con malos olores ya que los fines de semana hacen aquí botellón”.

 

Ante esta falta de atención del Gobierno local, el PP insta al alcalde de Vigo a que atienda esta zona en pleno centro de la ciudad y con numerosos locales dedicados a la hostelería.

Teresa Egerique insiste en que el PSOE y Abel Caballero practican la ‘política de la visibilidad’, “lo que no se ve no les importa”.