MÁIS DE CINCOCENTOS ESTABLECEMENTOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARTICIPARON NA CAMPAÑA ‘MERCA NA RÚA’ DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

  • Esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, celebrouse este ano nos concellos de Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía
  • A campaña, que se enmarca na aposta estratéxica da Consellería polo apoio e modernización do pequeno comercio, incentiva durante dúas semanas as compras nas vilas nas que se desenvolve
  • Os consumidores viron premiada a súa fidelidade con 15.000 euros en vales de compra que se sortearon entre as preto de 55.000 papeletas repartidas

Pontevedra, 13 de novembro de 2011.- Máis de cincocentos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra participaron nos últimos dous meses na campaña de dinamización comercial Merca na Rúa, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, que se encadra na aposta de Economía e Industria polo apoio e o impulso á modernización do comercio de proximidade, desenvolveuse nesta edición nos concellos de Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía, onde se sortearon un total de 15.000 euros en vales de compra entre as preto de 55.000 papeletas repartidas.

Para a directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, o éxito de Merca na rúa non reside só na importante participación e boa acollida tanto do público como do sector comercial. Castro sinala que “con Merca na rúa non só se incentiva o consumo no pequeno comercio, senón que se lle dá difusión ao seu valor entre a cidadanía” e recorda que “as tendas de proximidade son un dos eixos de vertebración das vilas galegas, contribuíndo tamén á fortaleza do tecido empresarial e dando traballo a un importante número de persoas”.

Merca na rúa, que botou a andar no ano 2009, chegou xa nestas tres edicións a vinte concellos da provincia de Pontevedra. O programa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, que é financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación provincial, e que forma parte da Rede de Dinamización Comercial de Galicia, Re-Dic. Esta rede conta con 52 puntos de información en toda Galicia, 22 deles en Pontevedra, e foi creada, xunto con iniciativas como a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio, para abrir canles de comunicación directas e eficaces entre os comerciantes e a Administración.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: