O CETMAR ACOLLERÁ UN SEMINARIO SOBRE O APROVEITAMENTO DOS SUBPRODUTOS PESQUEIROS NO ÁMBITO INDUSTRIAL DAS APLICACIÓNS BIOMÉDICAS

  • Expertos de diferentes países abordarán sobre a necesidade de facer un uso sostible dos subproductos pesqueiros e dos organismos mariños e valorarán a posibilidade de encamiñar a súa valorización cara o eido industrial das aplicacións biomédicas

Santiago, 13 de novembro de 2011.- O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) organizará un seminario que leva por título Desenvolvementos e Innovacións Biomédicas Vinculadas á Valorización de Subproductos Pesqueiros que se celebrará o próximo venres, 18 de Novembro, no centro. O obxectivo é abordar as posibles aplicacións, en concreto a biomédica, que poden desenvolverse en base á valorización de subproductos pesqueiros e organismos mariños.

A industria pesqueira xera unha gran cantidade de subproductos que só son aproveitados parcialmente a pesar do enorme potencial que teñen. Por outra banda, estase valorando cada vez mais a necesidade de facer un uso completo e sostible das materias primas como un dos baluartes da economía. Os expertos consideran necesario sacar valor en maior medida a estas materias primas e introducilas en canais comerciais que desemboquen en empresas especializadas na valorización.

Así, especialistas de diferentes países valorarán a posibilidade de desenvolver aplicacións biomédicas (moitas delas xa presentes nos mercados) a partires do que ata hai uns anos se catalogaban coma residuos. As presentacións cubrirán tres campos que se teñen considerado básicos: os biomateriais aplicados á enxeñería de tecidos e medicina rexenerativa; os liberadores de fármacos e os productos derivados funcionais.

Os poñentes proveñen do ámbito científico e de empresas encadradas nesta actividade. O Dr. Rui L. Rei, (Director do 3B’s Research Group de Portugal) disertará sobre o Uso de materiais naturais de orixe mariña en aplicacións biomédicas, máis concretamente sobre desenvolvementos aplicados á rexeneración ósea. Do mesmo xeito, o Dr. Baldur Tumi Baldursson (Medical Director KERECIS de Islandia) falará do Uso de coláxenos e aceites de orixe mariña na rexeneración de tecidos, e centrarase na rexeneración dérmica e as patentes industriais que a súa empresa comercializa.

A Dra. Angela Moraes (Universidade Estadual de Campinas de Brasil) abordará o eido do Uso de polisacáridos de orixe mariña para a administración de fármacos e outros sistemas médicos. Finalmente, o último bloque do seminario terá como títulos Alimentos Funcionais e Nutracéuticos de orixe mariña e Estado do Condroitin sulfato: exemplo de valorización biomédica. Materias primas. Proceso e especificacións. Mercado.. A primeira delas correrá a cargo do Dr. Joan Carles Domingo (BRUDY LAB SA.) e a segunda a conta do Dr. Roger Sabata (BIOIBÉRICA S.A.).

A xornada está organizada polo Cetmar e conta coa colaboración do 3B´s Research Group (Guimarães, Portugal), do Departamento de Física Aplicada da ETS Enxeñeiros Industriais (Vigo) e do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica (Facultade de Farmacia, USC). Todos eles son membros do consorcio do proxecto europeo IBEROMARE (Centro Multipolar de Valorización de Recursos e Residuos Mariños) ao abeiro do cal ten lugar este evento, o cuarto dos levados a cabo. A inscrición poderá facerse a través da web www.cetmar.org/Seminario/AplicacionesBiomedicas/ Inscripcion.asp e é totalmente gratuíta.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: