Archive | noviembre 15, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 15-11-11


O alcalde apunta que a Autopista do Mar converte a Vigo en porto nodal europeo

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada “de forma inminente” polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.

 


Caballero participou na visita realizada por técnicos chineses ao servizo municipal de augas de Vigo

O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.

 


O alcalde asegura que “manteremos e trataremos de incrementar” a achega para o albergue de Teis

Abel Caballero entrevistouse co Padre Donaire, dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, a quen garantiu o mantemento do convenio anual polo que o goberno local achega 25.000 euros para o albergue que xestiona o colectivo, ademais de comprometerse a solventar unha débeda que ascendería nun ano a 50.000 que Aqualia lle reclama.

 

Relatorio sobre o Alzheimer na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo “MULLER E SAÚDE INTEGRAL II”: “O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento” ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).

Ayuntamiento de Porriño

el concELLO DO PORRIÑO ACOMETE OBRAS para subsanar los desperfectos causados por las INCLEMENCIAS METEOROLÓGICAS

Las fuertes lluvias de los últimos días provocaron graves desprendimientos de carretera en Pontellas, además de caídas de muros y múltiples incidentes menores en todas las parroquias del municipio

Desde la Concejalía de Vías y Obras se trabaja sin pausa en la recuperación de todos estos deterioros para volver a la normalidad lo antes posible, pero las obras requieren tiempo y por ello se pide tranquilidad a los vecinos

el POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE PORRIÑO AMPLÍA SU OFERTA PARA LAS CLASES DE PILATES

La actividad que dio comienzo el pasado mes de octubre mantiene abierta la inscripción. Las personas interesadas deben dirigirse a las instalaciones de la piscina municipal

www.concellodoporrino.net


Jornada sobre eficiencia energética para empresas en la CEP

Vigo, 15 de noviembre de 2011.- Alrededor de 100 profesionales asistirán el jueves 17 de noviembre a una jornada sobre eficiencia energética organizada por la CEP en el marco del Proyecto GE2C’S Eficiencia, Cogeneración y Gestión Energética en el Sector Servicios, iniciativa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP), financiada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional de la Unión Europea.

Las medidas de ahorro energético en la Pyme, el uso del vehículo eléctrico en las empresas, el aprovechamiento de las energías renovables y la gestión energética sostenible serán algunos de los temas sobre los que se centrarán las exposiciones.

En el encuentro, que se desarrollará en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo (García Barbón, 104), participarán el INEGA, el INEGI, el centro tecnológico ENERGYLAB y FAIMEVI, entre otros.

Las personas interesadas en asistir pueden inscribirse a través de la página web del proyecto: http://www.ge2cs.com.. 

“Só podemos falar de igualdade cando a educación é o centro da acción política”

Critica a Feijóo por recortar en dous anos máis de 500 millóns no ensino público A candidata socialista ao Congreso, Carmela Silva, reiterou a súa defensa da educación como sinónimo de sociedade igualitaria, como un dereito fundamental e elemento de cohesión social que “non podemos rachar”. Criticou a política da Xunta de Galicia que en dous anos rebaixou o orzamento en máis de 500 millóns e suprimiu 1.000 docentes. Leer Más…

O GRUPO POPULAR INCORPORA AO PLENO O DEBATE DE SENDAS PROPOSICIÓNS NON DE LEI SOBRE A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO E A ELABORACION DUNHA LEI GALEGA DE UNIVERSIDADES

O voceiro Pedro Puy informou que “impulsaremos ao Goberno galego a considerar a Cidade da Xustiza como da máxima prioridade e que demande ao Concello a posta a disposición dos terreos necesarios”

  • Considerou necesaria unha nova regulación universitaria para garantir a calidade, a excelencia e a plena integración e adaptación ao espazo europeo de educación superior

  • O Grupo Popular tamén preguntará ao Goberno galego sobre os emprazamentos das zonas de libre instalación de moluscos procedentes das zonas C, sobre o apoio ao desenvolvemento da produción de carne de vacún de calidade en Galicia e sobre as escolas oficiais de idiomas

SEGÚN ENRIQUE NÚÑEZ, GALICIA CUENTA CON GERENTES DE PRIMERÍSIMO NIVEL AL FRENTE DE SUS CENTROS COMERCIALES ABIERTOS

El portavoz de Centro Príncipe confía que el comercio superará la actual crisis e incluso puede salir reforzado

Vigo, 15 de noviembre de 2011.- El gerente del Centro Comercial Abierto Centro Príncipe, de Vigo, Enrique Núñez, está convencido de que Galicia cuenta con gerentes de primerísimo nivel al frente de sus centros comerciales. Leer Más…

Traballadoras/es de Alfageme reclámanlle á Xunta que libere os avais para permitir a venta ao Consorcio Conserveiro

Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral

VIGO/10-11-11

Un grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos. Leer Más…

XUNTA MODERNIZARÁ A REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE NIGRÁN

  • O conselleiro de Medio Ambiente trasládalle este compromiso ao alcalde de Nigrán, ao que lle brinda a formalización dun convenio de colaboración para levar a diante esta actuación
  • Agustín Hernández e Alberto Valverde mantiveron esta mañá unha reunión de traballo no que a mellora da rede de infraestruturas hidráulicas deste concello pontevedrés foio tema central Leer Más…

O ISSGA PARTICIPA NA PRESENTACIÓN EN BILBAO DUNHA GUÍA PARA Á VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • Trátase da primeira fase dunha guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro editada por Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi
  • Na guía, realizada por un grupo multidisciplinar de técnicos de prevención e de médicos do traballo dos institutos de seguridade e saúde laboral das catro comunidades autónomas, tivéronse en conta dez especialidades Leer Más…

Visita delegación China a aqualia

Unha delegación do Departamento do Drainage Group de Beijing realizou unha visita a aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo, co obxectivo de interesarse polo sistema de rede de sumidoiros da cidade. A visita contou coa participación do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Concelleiro de Fomento, David Regades e a Concelleira de Urbanismo, Carmela Silva. Ao longo da xornada, a delegación coñeceu de primeira man as particularidades do servizo na cidade para tratar de compartir o deseño e as ferramentas utilizadas na xestión do servizo de rede de sumidoiros da cidade. Ademais a delegación realizou unha visita polo sistema de xestión integral da auga deseñado por aqualia. En palabras de José María Ardoy, Director de aqualia Vigo “esta visita enmárcase nunha serie de xornadas técnicas que desenvolvemos co obxectivo de mostrar a diferentes delegacións estranxeiras a experiencia que temos na xestión integral da auga como exemplo dun servizo eficaz”. aqualia É a sociedade cabeceira para a actividade de auga de FCC, un dos primeiros grupos europeos de servizos cidadáns. A 4ª empresa de Xestión da Auga do mundo, está presente en máis de 1.100 municipios cunha poboación atendida superior aos 27.000.000 de habitantes. Conta cunha carteira de negocios superior aos 13.000 millóns de euros, dos que o 30% proveñen da actividade internacional. Na actualidade, traballa en 17 países como Portugal, República Checa, Italia, Exipto, Alxeria, China ou México entre outros. aqualia dá resposta a todas as necesidades, tanto de empresas privadas como organismos públicos e a particulares, en cada fase do ciclo integral da auga para todos os usos, xa sexa consumo humano, industrial ou agrícola. En 2007 foi galardoada pola Global Water Intelligence (GWI) como “Mellor Compañía de Xestión da auga do Mundo”.