Noticias Ayuntamiento de Vigo 15-11-11


O alcalde apunta que a Autopista do Mar converte a Vigo en porto nodal europeo

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada “de forma inminente” polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.

 


Caballero participou na visita realizada por técnicos chineses ao servizo municipal de augas de Vigo

O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.

 


O alcalde asegura que “manteremos e trataremos de incrementar” a achega para o albergue de Teis

Abel Caballero entrevistouse co Padre Donaire, dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, a quen garantiu o mantemento do convenio anual polo que o goberno local achega 25.000 euros para o albergue que xestiona o colectivo, ademais de comprometerse a solventar unha débeda que ascendería nun ano a 50.000 que Aqualia lle reclama.

 

Relatorio sobre o Alzheimer na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo “MULLER E SAÚDE INTEGRAL II”: “O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento” ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: