O ISSGA PARTICIPA NA PRESENTACIÓN EN BILBAO DUNHA GUÍA PARA Á VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • Trátase da primeira fase dunha guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro editada por Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi
  • Na guía, realizada por un grupo multidisciplinar de técnicos de prevención e de médicos do traballo dos institutos de seguridade e saúde laboral das catro comunidades autónomas, tivéronse en conta dez especialidades

Bilbao, 15 de novembro de 2011.- A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe en Bilbao unha xornada na que o Instituto Vasco de Seguridad y Salud Laborales (OSALAN) presentou a primeira fase dunha guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro editada por Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi.

A pesca conta cun índice de incidencia de accidentes de traballo graves e mortais superior ao resto dos sectores, ademais de que cada vez se coñecen mais enfermidades profesionais declaradas polos traballadores do sector, tales como as derivadas do ruído, das posturas forzadas e da realización de movementos repetitivos, que non deben abordarse como enfermidades comúns.

Por isto, estas catro comunidades autónomas, que suman 2.400 kilómetros de litoral (a Galicia correspóndenlle 1.500), decidiron lanzar unha guía específica de vixilancia da saúde para cada tipo de actividade dentro do propio sector (pesca de baixura e artesanal, marisqueo a pé, gran altura e actividades auxiliares). A primeira fase –a que se presentou hoxe- corresponde ao colectivo das flotas de baixura e artesanal.

Segundo explicou Adela Quinzá-Torroja, na guía, realizada por un grupo multidisciplinar de técnicos de prevención e de médicos do traballo dos institutos de seguridade e saúde laboral das catro comunidades, tivéronse en conta dez especialidades, tales como os riscos asociados concretos, a atención específica en materia de prevención, ou os perigos de cada posto de traballo e de cada tarefa que aborda o traballador, seguindo os principios da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Nunha serie de fichas están analizados os posibles danos para a saúde e as probas médicas que se recomenda realizar en relación aos riscos ergonómicos, hixiénicos, físicos, químicos e psicosociais que entraña cada posto.

O obxectivo da mesma é ofrecer unha correcta orientación e instrumentos para implantar de xeito específico e individual a vixilancia da saúde dos traballadores do sector pesqueiro, así como contar con instrumentos para a detección de enfermidades profesionais relacionadas co traballo no sector e para facilitar a avaliación dos riscos, así como para subliñar a necesidade de establecer os mecanismos que faciliten a coordinación entre os diversos axentes involucrados na vixilancia da saúde dos traballadores do sector pesqueiro.

Contido da guía

A primeira parte da guía recolle os conceptos derivados da Lei de Prevención de Riscos Laborais tal e como se recollen no Libro Branco da Vixilancia da Saúde dos Traballadores, adaptándoos ao sector pesqueiro.

Na segunda, se recolle todo o proceso de traballo que realizan os tripulantes do barco, desde que comeza no porto ata que finaliza nel, navegando e faenando. Como resultado ofrécese unha descrición detallada, un mapa, onde se mostran o posto de traballo e os perigos asociados a este. Cada barco, posteriormente, deberá avaliar o risco de forma concreta e propoñer medidas preventivas máis axeitadas para evitalo ou minimizalo.

O terceiro apartado parte da descrición detallada do posto de traballo, e orienta sobre os protocolos médicos e probas específicas aplicables na vixilancia individual da saúde dos traballadores en caso de que os perigos se manifesten xa como riscos.

 

No caso da muller embarazada, que deu a luz ou se atopa en período de lactación, achéganse unha serie de táboas que permiten introducir este aspecto na avaliación de riscos para axudar ao médico do traballo a emitir recomendacións sobre adaptación do posto de traballo, cambio de posto a outro sen risco ou, cando ningunha destas fórmulas sexa posible, informar en relación á suspensión de contrato por risco durante este período. A guía inclúe ao final un pequeno glosario, para que quen non estea familiarizado coa terminoloxía do sector poida interpretala con maior facilidade. España conta con preto de 40.000 traballadores dados de alta no réxime especial do mar, dos que mais de 19.000, isto é preto do 50%, o fan nestas catro comunidades. Ademais en Galicia hai 7.600 afiliados ao réxime especial que traballan na pesca costeira e de baixura.

A flota total destas catro comunidades é de 5.968, deste xeito, Galicia conta con 5.198 buques, fronte ao 339 de Asturias, 168 de Cantabria e 263 do Pais Vasco. O 80% dos de Galicia son barcos pequenos, dedicados á pesca de baixura e artesanal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: