“Só podemos falar de igualdade cando a educación é o centro da acción política”

Critica a Feijóo por recortar en dous anos máis de 500 millóns no ensino público A candidata socialista ao Congreso, Carmela Silva, reiterou a súa defensa da educación como sinónimo de sociedade igualitaria, como un dereito fundamental e elemento de cohesión social que “non podemos rachar”. Criticou a política da Xunta de Galicia que en dous anos rebaixou o orzamento en máis de 500 millóns e suprimiu 1.000 docentes.
Vigo, 15 de novembro de 2011-. A candidata do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, Carmela Silva, defendeu que a educación estea no centro do debate desta campaña, como parte central da vida dos cidadáns “porque só podemos falar de igualdade cando a educación é o centro de toda acción política”. O ensino público, matizou, é un dereito fundamental que convirte a sociedade en igualitaria independentemente da capacidade adquisitiva de cada un, permite que “cheguemos onde queiramos tendo en conta nada máis a capacidade e as inquedanzas de cada persoa”. Reiterou que para os socialistas a educación é, xunto coa sanidade, os elementos de cohesión social que “non nos podemos permitir rachar”. Silva amosou a súa “preocupación” pola política de recortes en materia educativa que está a acometer o Goberno da Xunta, referíndose “aos máis de 500 millóns de recortes en dous anos, 1.000 profesores menos, menos investimento na Formación Profesional, en bolsas, en comedores escolares ou centros educativos”. Contrapuxo estas políticas coas desenvolvidas desde o Concello de Vigo onde “facemos da educación como centro da nosa actuación política”. Recordou que o Goberno municipal adica unha grande parte da súa capacidade de investimento, exemplificou, a outorgarlle bolsas de inglés a nenos e nenas de Vigo. Silva fixo estas declaracións nun acto sectorial de educación, no que estivo acompañada por Abel Caballero e o ministro de Educación, Angel Gabilondo, a quen a candidata definiu como “un home comprometido coa educación como valor fundamental”. O ministro, pola súa banda, asumiu a situación de crise que está a vivir o país, advertindo de que se teñen que establecer prioridades e que para os socialistas a educación é unha prioridade. Na súa opinión, non é de recibo que en tempos difíciles non se valore o ensino como o que é: “un elemento fundamental para saír da crise de forma continuada”. Na súa intervención cos medios de comunicación, o responsable do Goberno central indicou “que nin siquera nas épocas de maiores hambrunas, as tribus que o pasan peor se comen as súas sémolas”, exemplificou. “Con todos os respectos ás distintas autonomías, nós defendemos que non haxa recortes en educación porque é a mellor política social”. Estas rebaixas, abundou, van en contra da baixada de 5 puntos que ten diminuido nos últimos dous anos o fracaso escolar ou os tres que descendeu o abandono escolar. Os gobernos temos que defender os dereitos públicos porque “ningunha
exclusión é peor que a exclusión da educación”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: