Traballadoras/es de Alfageme reclámanlle á Xunta que libere os avais para permitir a venta ao Consorcio Conserveiro

Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral

VIGO/10-11-11

Un grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.

A protesta, na que participaron arredor de medio cento de traballadoras, tivo lugar diante da Xunta en Vigo entre as 12.45 e as 13.45 horas. Alí despregaron unha faixa co lema “Ladrillo para a construción, para a conserva solución” e berraron consignas como “Guerra dimisión, Alfageme solución” ou “Presidente, escoita, Alfageme está en loita”. A secretaria comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra -provincia á que pertencen a maioría das afectadas- explicou que adoptaron a decisión de mobilizarse despois da reunión “que mantivemos este domingo co presidente da Xunta porque non serviu de nada xa que non nos dou ningunha garantía e o proceso complícase cada vez máis”. A representante sindical dixo non entender por que a Xunta non libera os avais “cando temos dende o xoves unha sentenza do Xulgado do Mercantil- contra a que aínda cabe recurso- que sinala con contundencia que a familia Lago só pretende dilatar o proceso de liquidación mediante a presentación de recursos”.Diante disto, adiantou que seguirán coas mobilizacións porque entendemos que non hai vontade política para resolver o conflito de Alfageme”. Dende o Goberno galego sosteñen que non poden liberar os avais porque son cartos públicos, “pero nun futuro van ter que executalos de igual xeito, coa única diferenza é que para entón xa non servirán para manter 150 empregos e dous centros de traballo, os de Vilagarcía e Ribadumia”.

 

Dende a central nacionalista lembran que a liberación dos avais é un requisito imprescindíbel para que o Consorcio Conserveiro Español poida facer efectiva a operación de compra da compañía. A Xunta avalara no seu día as operacións da conserveira por valor de máis de 30 millóns de euros. “Antes ou despois van ter que executalos obrigados polos bancos, pero agardemos que para entón non sexa tarde”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: