Visita delegación China a aqualia

Unha delegación do Departamento do Drainage Group de Beijing realizou unha visita a aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo, co obxectivo de interesarse polo sistema de rede de sumidoiros da cidade. A visita contou coa participación do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Concelleiro de Fomento, David Regades e a Concelleira de Urbanismo, Carmela Silva. Ao longo da xornada, a delegación coñeceu de primeira man as particularidades do servizo na cidade para tratar de compartir o deseño e as ferramentas utilizadas na xestión do servizo de rede de sumidoiros da cidade. Ademais a delegación realizou unha visita polo sistema de xestión integral da auga deseñado por aqualia. En palabras de José María Ardoy, Director de aqualia Vigo “esta visita enmárcase nunha serie de xornadas técnicas que desenvolvemos co obxectivo de mostrar a diferentes delegacións estranxeiras a experiencia que temos na xestión integral da auga como exemplo dun servizo eficaz”. aqualia É a sociedade cabeceira para a actividade de auga de FCC, un dos primeiros grupos europeos de servizos cidadáns. A 4ª empresa de Xestión da Auga do mundo, está presente en máis de 1.100 municipios cunha poboación atendida superior aos 27.000.000 de habitantes. Conta cunha carteira de negocios superior aos 13.000 millóns de euros, dos que o 30% proveñen da actividade internacional. Na actualidade, traballa en 17 países como Portugal, República Checa, Italia, Exipto, Alxeria, China ou México entre outros. aqualia dá resposta a todas as necesidades, tanto de empresas privadas como organismos públicos e a particulares, en cada fase do ciclo integral da auga para todos os usos, xa sexa consumo humano, industrial ou agrícola. En 2007 foi galardoada pola Global Water Intelligence (GWI) como “Mellor Compañía de Xestión da auga do Mundo”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: