XUNTA MODERNIZARÁ A REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE NIGRÁN

  • O conselleiro de Medio Ambiente trasládalle este compromiso ao alcalde de Nigrán, ao que lle brinda a formalización dun convenio de colaboración para levar a diante esta actuación
  • Agustín Hernández e Alberto Valverde mantiveron esta mañá unha reunión de traballo no que a mellora da rede de infraestruturas hidráulicas deste concello pontevedrés foio tema central

Santiago, 15 de novembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladoulle ao alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez, o compromiso do departamento que dirixe para executar as obras que modernicen, completen e complementen a actual rede de saneamento deste concello pontevedrés. O conselleiro e o alcalde mantiveron esta mañá un encontro de traballo, no que abordaron a necesidade de dar unha reposta axeitada a situación actual tanto da rede de abastecemento como de saneamento deste concello. Así, Hernández trasladoulle ao rexedor a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para rematar e mellorar a situación do saneamento deste concello. Aclarou que esta colaboración entre as administración será similar é que a Xunta mantén con outras administracións locais, co obxectivo de dar resposta ás necesidade dos seus cidadáns, ao mesmo tempo que se mellora substancialmente a situación da rede de saneamento da vila.

Ao mesmo tempo, nesta reunión, manifestoulle a colaboración da Xunta no cofinanciamento da mellora do abastecemento e da Estación de tratamento de auga potable (Etap) do municipio.

O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que estes compromisos cos concellos galegos responde ao compromiso anunciado polo Goberno da Xunta de blindar as actuacións de saneamento e depuración das rías; así como o mantemento das depuradoras. Polo que esta actuación mellorará a situación da ría de Vigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “XUNTA MODERNIZARÁ A REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE NIGRÁN”

  1. 徵信社 dice :

    This recorded a piece of me! Eagle Air is a novice looking to be free to stroll all the exhibitions “Life is to learn not to get …”I like this sentence, very healthy outlook on life: You do not get a satisfactory cause; is learned How closer to happiness. You do not get the victory; is to learn how to avoid failure. You do not get the final result you want; that things will not be satisfactory to learn …

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: