Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-11-11


O alcalde anuncia a realización dunha auditoría enerxética para mellorar o sistema térmico dos colexios públicos

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á solicitude dunha subvención para realizar a auditoría en nove centros de Infantil e Primaria de Vigo, co dobre obxectivo de mellorar o sistema de calefacción e, a través do aislamento, aforrar consumo e emitir menos gases de efecto invernadoiro. Abel Caballero adiantou este mércores que “imos estendelo a todos os colexios públicos de Vigo”.

 


Caballero proponse abrir o novo Mercado do Progreso o próximo verán

O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao xerente do Mercado do Progreso, quen lle transmitiu a boa marcha das obras co obxectivo de ter finalizada a reforma integral do centro de cara ao verán. Caballero sinalou que “imos intentar que estea acabado no próximo verán”, unha obra “importante” que contará con dotación orzamentaria para converter o Mercado nun “lugar de atracción comercial e ciudadano”.

 

Urbanismo deu luz verde ao retorno a casa dos veciños do número 20 da rúa Colombia

O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores que o goberno local ven de levantar a orde de desaloxo que pesaba sobre edificio número 20 da rúa Colombia, co que os veciños xa poden retornar ás súas vivendas con todas as “garantias” ofrecidas polos técnicos. O realoxo do número 20 da continuidade ao efectuado no número 18 con anterioridade, concluíndo os desaloxos da rúa Colombia.

 


A concelleira de Cultura presentou a oitava edición de Secuencia Cero, o certame de vídeo e curtametraxe

O Verbum acolle, un ano máis, unha nova edición do certame de vídeo e curtametraxe Secuencia Cero, que terá lugar os días 17,18 e 19 de novemebro. Durante os días de proxección poderánse ver a selección de obras escollidas, nas que haberá tres categorías: curtametraxe, documental e videocreación.

 


Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 17 de novembro ás 18.0 horas a proxección do filme “La Caja” de Juan Carlos Falcón. O acto está organizado pola Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e colabora a Concellería de Igualdade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: