O BNG DENUNCIA QUE O CONCELLO DE TUI TEÑA FEITO UN USO FRAUDULENTO DE DIÑEIRO ENTREGADO POLA DEPUTACIÓN PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS

No mes de outubro o Concelleiro do PP, Nicolás Montes, anunciaba ante a cidadanía de Tui a posta en marcha de Escolas deportivas de Balonmán, patinaxe e fútbol, financiadas con diñeiro da Deputación de Pontevedra (tamén gobernada polo Partido Popular) e -dicía el- polo tanto gratuítas para os nenos e nenas tudenses.

Realizadas as correspondentes inscricións nestas actividades diferentes pais e nais atopáronse coa desagradable sorpresa de que nalgunhas delas se lles esixía “pagar a maiores” cantidades de diñeiro aos Clubs privados que se ían a facer cargo de executar estas actividades en concepto “obrigatorio” de facerse socios privados do correspondente Club.

Desconcertados, os pais consultaron ao Concello -responsable da actividade- quen lles comunicou que o asunto tiña que tratarse dun “malentendido” e que eles certificaban que esta actividade tiña que ser gratuíta -sen ningún outro pago a cargo dos pais- dado que xa estaba pagada pola Deputación.

Pero a verdade é que, a día de hoxe, o Concello de Tui se retracta por escrito do anteriormente dito e deixa aos rapaces sen a posibilidade de acudir a fútbol -onde se lles prohibiu participar alegando ter concertado outras condicións co Concello de Tui- e aos seus pais na mais absoluta indefensión.

Ante esta insólita e escandalosa situación o BNG desexa facer as seguintes denuncias:

1) É inadmisible que o Concello de Tui ofreza información falsa ou tendenciosa aos seus cidadáns

2) É inaceptable que o equipo de goberno de Partido Popular permita, consinta ou acepte que o diñeiro entregado pola Deputación de Pontevedra (PP) a través dunha subvención pública, isto é con cartos dos impostos de todos e todas, non sexa usado para o que foi concedido: as actividades das Escolas deportivas.

3) É irresponsable que o Partido Popular do Concello de Tui e o Partido Popular da Deputación “desculpen” esta situación e non a afronten solucións ante a súa neglixente actuación, probablemente porque están en campaña electoral e non queren quedar mal con ninguén nin perder votos.

4) O BNG esixe ao Equipo de Goberno do Partido Popular de Tui que ofreza unha alternativa aos rapaces xa inscritos na Escola deportiva de fútbol para iniciar esta actividade ofrecida e publicitada gratuitamente por parte do Concello, xa que os cidadáns non poden ser víctimas dos acordos ou desacordos entre o Concello e entidades privadas, sobre todo despois de que os afectados teñan denunciado publicamente esta fraudulenta situación e teñan pedido amparo ao Concello.

5) O BNG preguntará na Deputación de Pontevedra a través do seu Deputado, por este asunto co obxecto de descubrir a onde foi a parar esta subvención ou, habida conta de que non se está ofrecendo, se lle foi devolta á Deputación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: