Noticias Ayuntamiento de Vigo 17-11-11


O alcalde anuncia o acordo de cesión das instalacións de Marqués de Valterra para albergue municipal “definitivo e permanente”

Abel Caballero participou este xoves na reunión do Padroado da Fundación “Casa do Pescador-Institución Valeriosa” que acordou ceder ao Concello a sede das Misioneras do Silencio para converterse en albergue municipal. Unha vez aceptada a cesión, a xestión sairá a concurso público, aínda que non se desbota a posibilidade de abrilo -antes de rematar a tramitación administrativa- como dispositivo de emerxencia.

 


O Concello tramita a rehabilitación do edificio Bandeira para centro comercial

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á propiedade da estrutura e adiantou que na próxima primavera poderían comezar algún aspecto da obra, como a desmontaxe da fachada actual, pedra por pedra. Os promotores rehabilitarán o edificio para convertilo nun centro comercial de catro alturas e accesos por Aragón e Jenaro de la Fuente. Caballero asegura que “significará unha reactivación” do comercio e da zona.

 


Santos Héctor presentou unha campaña divulgativa sobre o control da diabetes

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, participou este xoves na presentación do programa “Na diabetes tipo 2, non esquezas o teu colesterol e …viceversa”, no marco dunha campaña socio-sanitaria que desenvolve a Federación de Diabéticos Españois e a Asociación de Diabéticos de Vigo. O edil municipal transmitiulles o compromiso do Concello a colaborar no que precisen.

 


Auditorio Municipal “E. R. (Algún día traballaremos xuntas)”, Teatro do Atlántico



“E. R. (Algún día traballaremos xuntas)” sube ao escenario a catro actrices que tentarán dar consolo ao medo do paso do tempo e das ilusións.Será o venres 18 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal dentro do programa “CON T DE TEATRO” da Concellería de Cultura e Festas.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: