Archive | noviembre 20, 2011

NOTICIAS aYUNTAMIENTO DE vIGO 18-11-11

O alcalde afirma
que o goberno de Vigo investiu nos colexios públicos 4,1 millóns de
euros


A Xunta de Goberno Local deu conta este venres dos gastos tramitados
na Concellería de Educación, que so entre os meses de xuño e outubro -ambos
incluidos- adicou un total de 170.000 euros para obras, servizos e suministros.
De cara a novembro e decembro, o goberno de Vigo adicará ademais máis de medio
millón de euros adicionais nos colexios públicos.

 


 

O alcalde afirma
que o goberno de Vigo investiu nos colexios públicos 4,1 millóns de
euros


A Xunta de Goberno Local deu conta este venres dos gastos tramitados
na Concellería de Educación, que so entre os meses de xuño e outubro -ambos
incluidos- adicou un total de 170.000 euros para obras, servizos e suministros.
De cara a novembro e decembro, o goberno de Vigo adicará ademais máis de medio
millón de euros adicionais nos colexios públicos.


 

O Concello
inicia a tramitación para derrubar as naves ilegalizadas do porto deportivo de A
Lagoa


O alcalde, Abel Caballero, informou este venres do acordo adoptado
pola Xerencia de Urbanismo -cos votos favorables do PSOE, a abstención do BNG e
o voto en contra do PP- de iniciar a tramitación para dar cumprimento á
“sentenza xudicial firme” do Tribunal Supremo. O goberno local executa o ditame
dos xulgados de forma subsidiaria, co que trasladará á propiedade o custo do
derrubo.


 

Cine infantil no
VERBUM, organizado por Igualdade


A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal
da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co
gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia
de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos:20 e 27 de novembro ás 17,30
h. con entrada libre ata completar o aforo do local.


 

“A princesa
balinesa”, teatro familiar no Auditorio Municipal


A obra “A
princesa balinesa” trata das desventuras da princesa Xamira e a súa misión de
encontrar os catro tesouros sagrados ou perderá o seu reino, que foi roubado
pola malvada e poderosa deusa do Mar Negro Calixta. Na súa axuda pola busca dos
tesouros, acudirá un aprendiz de mago bastante torpe.Este é o argumento da obra
que se representa o sábado 19, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.


 

Últimos días
para participar no concurso de fotografía dixital e microvideos “25 de novembro.
Día internacional contra a violencia de xénero-2011”


Ata o domingo 20
de novembro está aberto o prazo de adminisión de traballos do concurso de
fotografía dixital e microvideos que convoca o o Consello Municipal da Muller e
maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con motivo da celebración do
Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25
de novembro, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá
en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres