Noticias del Ayuntamiento de Vigo 21-11-11


O alcalde asegura que Vigo gañará 80,8 millóns coa prórroga da concesión da auga, sen incrementar a tarifa

O goberno local aprobou este luns a prórroga de cinco anos da concesión do servizo de auga, un acordo polo que a empresa Aqualia investirá 34,2 millóns en proxectos e na expropiación dos terreos da nova depuradora, o que fai posible que o Concello de Vigo deixe de pagar os 45 millóns de euros do IVE. «É unha prórroga extraordinariamente convinte para esta cidade», apuntou Abel Caballero, quen explicou que se manteñen as tarifas como están.

 


Caballero apoiará que se celebre en Vigo o Congreso español de Telecomunicacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe luns o seu compromiso para apoiar á Asociación Galega de Telecomunicacións, que pretende organizar en Vigo o seu congreso anual. Segundo indicou, Vigo, que ten escola superior desta materia, é unha ubicación «idónea» para albergar este encontro anual, que atraería a máis de catrocentas empresas.

 


O alcalde se reúne coa Asociación Deportiva de Catamaráns de Galicia

Abel Caballero comprometéuse hoxe a estudar posibles ubicacións para albergar durante o inverno as naves da Asociación Deportiva de Catamaráns de Galicia aos que recibiu esta mañá. Durante o encontro, os responsables deportivos plantexaron tres posibles ubicacacións no Vao, en Alcabre e Teis e o alcalde transmitiulles o convinte que é «ter un espazo para practicar vela lixeira, aprender e competir».

 


O concelleiro de Deportes anima á participación no Memorial Belarmino Alonso de cross, con Sandra Mosquera e Carlos Costa como estrelas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou hoxe á participación das e dos atletas federados no 33 Memorial Belarmino Alonso de cros, que se disputará en San Andrés de Comesaña este domingo día 27 a partires das 10:30 horas e que reunirá a uns 600 inscritos dende categoría alevín a senior.

 


«O SON DAS ONDAS», unha exposición sobre o Vigo medieval e a lírica trobadoresca


O Museo Municipal «Quiñones de León» remata a mediados do próximo mes de decembro a exposición temporal «O Son das Ondas» que ven de ser amosada dende o pasado mes de maio e que foi organizada polo museo municipal, producida por Editorial Galaxia e Merlín Comunicación e comisariada por Henrique Monteagudo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: