Novagalicia Banco obtén un beneficio neto atribuído de 36,4 millóns de euros

• A entidade recorta en máis de 100 millóns os gastos de explotación nun ano

• O risco promotor e construtor redúcese en 1.086 millóns en nove meses

21.11.2011. O grupo Novagalicia Banco obtivo un beneficio neto atribuído de 36,4 millóns de euros durante os nove primeiros meses do ano, despois de adicar 213 millóns de euros a saneamentos e provisións.

Os resultados do terceiro trimestre reflicten avances nos eixos prioritarios do plan de negocio da entidade:

I Orientación minorista: O banco destina 1.069 millóns de euros para hipotecas a familias entre xaneiro e setembro.

I Diversificación de riscos: O banco reduce en 1.086 millóns o seu risco promotor e construtor e en 882 millóns de euros o crédito a grandes empresas dende xaneiro.

I Redución de gastos: Os custos de explotación recórtanse nun ano nun 13,2%, o que se traduce nun aforro acumulado de 109 millóns de euros.

O resultado consolidado despois de impostos ascende a 38,4 millóns de euros, mentres que o beneficio neto atribuído á entidade dominante é de 36,4 millóns.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: