Archive | noviembre 23, 2011

Miguel Sebastián inaugura la feria agroalimentaria más grande de Asia‏

  • Se trata de una feria de expositores exclusivamente extranjeros que despierta un gran interés entre los distribuidores y clientes finales chinos.

  • El ministro habla de las excelencias de la ‘Dieta Mediterránea’ y destaca que los dos rasgos más importantes de nuestra gastronomía son la calidad y la variedad.

  • La participación española en la feria la protagonizan 68 empresas, principalmente PYMES. Aunque la variedad de productos españoles expuestos es elevada, predominan los vinos, aceites y cárnicos, incluido el jamón.

  • Las exportaciones de productos agroalimentarios españoles a China para el primer semestre de 2011 alcanzaron los 117 millones de euros, un 60% más que el mismo periodo del año pasado. Leer Más…

Noticias Ayuntamiento de Vigo 23-11-11


Caballero asina un convenio para que os institutos públicos usen gratis as instalacións deportivas municipais

Un convenio regulará desde hoxe a colaboración entre cinco institutos públicos da cidade e o IMD para que 1.500 estudantes poidan usar as instalacións deportivas públicas de xeito gratuito. Caballero reseñou o empeño do Goberno municipal “na liña de cooperar cos centros públicos” polo que será o Concello o que asuma os máis de 22.000 euros que supón o uso destas instalacións.

 


Carmela Silva congratúlase de que a Xunta presente un novo proxecto de Cidade de Xustiza, adaptado ao PXOM

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que “Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos” para a nova dotación xudicial viguesa.

 


Caballero eloxia a “idea magnífica” do grupo Imán de convocar un certame de relatos cortos sobre o VIH

O alcalde e os responsables do grupo Imán presentaron hoxe os IX Premios de Relato Curto, cuxa temática será o sida. Os relatos poderán ser presentados ata o 9 de xaneiro de 2012 e os premios oscilarán entre os 700 euros do primeiro aos 100 euros dos tres accésits concedidos. Abel Caballero asegurou o apoio municipal a iniciativas que abonden no “desterro definitivo” desta enfermidade.

 


O goberno local cooperará coa Asociación das Travesas nas súas iniciativas comerciais

Tras unha reunión con AETRAVI, o alcalde indicou que o Concello cooperará cos comerciantes de Travesas nas súas iniciativas para dinamizar o sector, entre estas as súas tradicionais propostas para Nadal e Fin de Ano, ademais dunha proposta para sacar o comercio á rúa. Abel Caballero afirmou que o goberno local colabora con esta Asociación tal e como fai coa Federación Vigo Histórico ou con FECOVI.

 


O alcalde destaca a repercusión na hostelería da celebración do 57 congreso de uroloxía en Vigo

Abel Caballero avanzou hoxe que na primaveira de 2012 Vigo acollerá o 57 Congreso nacional de uroloxia, “probablemente o encontro profesional máis numeroso que nunca rexistrou a nosa cidade”. Logo de manter hoxe un encontro co presidente do evento, Francisco Sabell, o rexedor anunciou que o congreso se organizará no Auditorio Mar de Vigo, engadindo que “os miles de participantes encherán a capacidade hotelera de Vigo, un turismo de calidade”, abundou.

 


O alcalde felicita a Miriam Pérez e Laura Domínguez polas súas medallas na Copa de Europa de patinaxe artística, peche dunha gran tempada

Miriam Pérez, de 13 anos, e Laura Domínguez, de 16, patinadoras do Club Patinaje Valladares, foron recibidas hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que as felicitaron pola súa magnífica traxectoria nesta tempada que agora remata.

 

A Policía Local e Stop Accidentes conmemoran o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico

O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.

 


Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra “Aquí non paga ninguén” no Centro Cultural de Beade.

 


Últimos días de ArtFutura no MARCO

Esta é a derradeira semana do programa audiovisual ArtFutura, que se proxecta no salón de actos do MARCO e que finaliza este sábado 26, catro semanas despois da súa estrea a principios de novembro, en exclusiva para Galicia.

 


Cadea humana no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo venres, 25 de novembro, ás 11 horas e con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convócase unha cadea humana co nome “Enlaza Vigo”.
Toda a información en http://www.enlazavigo.com

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOSTA POLA FORMACIÓN EN MATERIA ENERXÉTICA PARA CONTRIBUÍR Á MELLORA DO SECTOR DA EDIFICACIÓN

  • O Instituto Enerxético de Galicia asina un convenio de colaboración coa Fundación da Asociación Técnica Española de Climatización e Refrixeración (FUNDATECYR) para formar profesionais no aforro e na eficiencia enerxética
241111Fundatecyr2.jpg
  • O Inega achega 90.000 euros para o desenvolvemento de quince cursos que formarán aos alumnos en procedementos alternativos sobre certificación e auditorías enerxéticas de edificios

ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A CREATIVIDADE APLICADA Á INNOVACIÓN ENTRE ENXEÑEIROS E ESTUDANTES CUN TALLER EN VIGO

  • A xornada formativa impulsada por Bic Galicia desenvolverase na Escola de Enxeñería Industrial o vindeiro venres 25 de novembro
  • A actividade terá un enfoque práctico e participativo para procurar optimizar o potencial de persoas, equipos e organizacións ou empresas

Vigo, 23 de novembro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria impulsa, a través de Bic Galicia e en colaboración coa Universidade de Vigo, un taller práctico orientado a adestrar e estimular a creatividade entre enxeñeiros e estudantes e a súa aplicación á innovación. A xornada formativa, que se desenvolverá o próximo venres, 25 de novembro, na sede da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, está deseñada para procurar que os asistentes poidan optimizar as súas capacidades e habilidades para comprender os principios fundamentais que sustentan a imaxinación, a creatividade e a aplicación á innovación.

No evento, que terá lugar a partir das 9,30 horas e en sesións de mañá e tarde, tamén se abordarán cuestión relativas á xeración de novas ideas e á motivación para introducir a creatividade no labor cotián, así como habilidades para aplicar recursos e instrumentos de creatividade a retos reais para avanzar no ámbito da innovación.

 

A actividade terá un enfoque práctico e participativo para procurar optimizar o potencial para a innovación de persoas, equipos e, en consecuencia, organización ou empresas. O evento está deseñado para que se recollan nos contidos os aspectos máis básicos para iniciarse na optimización do potencial para a innovación, achegando técnicas e recursos de aplicación inmediata, incluíndo xeración de ideas sobre obxectivos creativos concretos propostos polos participantes.

 

O taller A creatividade para a innovaciónestá impulsado por Bic Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO), coa Escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais e a Escola Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo.

 

 

Novo Faladoiro no Museo do Mar de Galicia. Vigo

Área de Educación

Museo do Mar de Galicia

UN BOSQUE DE ESPECIES AUTÓCTONAS COMÚN, PRIMER PROYECTO Y SÍMBOLO DE LA EUROCIUDAD VALENÇA-TUI

Promovido por la Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal –GNP-AECT-.
Lo componen 250 árboles de cuatro especies autóctonas y ocupa una superficie que ronda los 1.400 m2 repartidos en ambas orillas del Miño

Más de 100 niños de Valença y Tui participaron hoy en la plantación

Jesús Gamallo: “Crear un Bosque Autóctono a ambas orillas del Miño es un símbolo de la

1.JPG
5.JPG V

cooperación entre dos ciudades, que deben trabajar para que sus ciudadanos la entiendan como una sola”.


Elvira Vieira: “Refleja claramente nuestra línea de trabajo, que consiste en aunar ideas y voluntades al norte y al sur del Miño”.
Valença do Minho/Tui, 23 de noviembre de 2011.- Leer Más…

O GRUPO POPULAR ANUNCIA QUE A NOVA LEI DE VIVENDA INCLUIRÁ A POSIBILIDADE DE APRAZAR A EXECUCIÓN DUNHA SENTENZA DE DEMOLICIÓN DE EDIFICIOS CON LICENZA DE OBRA ATA QUE SE FIXE A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL

O voceiro de Ordenación do Territorio, Román Rodríguez, demandou ao Concello de A Guarda a facer o Plan Xeral, porque “é a única solución” para legalizar o problema existente nesta localidade

Román Rodríguez criticou “o cinismo e a doble moral” dos socialistas galegos “pola utilización electoralista que fixeron do problema existente en A Guarda

  • O voceiro explicou que co Plan Xeral aprobado “pódese solicitar un incidente de inexecución de sentenza por causa sobrevida, co que se acabaría co problema, pero para elo os responsables do Concello teñen que cumprir coas súas responsabilidades”

A XUNTA ESPERA QUE O CONCELLO DE VIGO DESBLOQUEE A CONSTRUCIÓN DA CIDADE DA XUSTIZA TRAS A REUNIÓN MANTIDA HOXE

  • No transcurso do encontro, o Concello recoñeceu que manexaba un ámbito de actuación erróneo e comprometeuse a facer unha nova valoración dos terreos.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, espera que se produzan avances e que o Concello poña “por fin” os terreos a disposición da Xunta.
  • A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza xa conta con 15 millóns de euros consignados nos orzamentos do ano 2012 para un proxecto que será compatible coas previsións do PXOM vigués.
  • Técnicos da Xunta de Galicia e do Concello vigués mantiveron esta mañá unha “positiva” reunión para achegar posturas e avanzar na posta en marcha da infraestrutura xudicial. Leer Más…

A Policía Local e Stop Accidentes conmemoran o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico

O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.

Vigo, 23 de novembro de 2011.O vindeiro venres, 25 de novembro, o Centro Cívico de Teis acollerá a proxección do documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento, dirigido por Manu Mayo. Esta emisión, que será presentada pola delegada en Galicia da ONG Stop Accidentes ás 18,00 horas, é unha das actividades previstas para conmemorar o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, que este ano se celebra o 27 de novembro. A entrada será de balde ata completar o aforo.

 

Na mesma liña, o domingo 27, o equipo de Educación Vial da Policía Local, en colaboración con Stop Accidentes , organiza unha marcha ciclista que partirá ás 10,00 horas do paseo de Montero Ríos (concentración ciclista desde as 09,00 horas) e unha marcha motorista que partirá ás 11,00 horas do Monte da Guía (concentración motorista desde as 10,30 horas). Os participantes de ámbalas dúas marchas achegaránse á Praza do Rei a partir das 11.30 horas, onde terá lugar un acto conmemorativo, no que participará o alcalde de Vigo, en recordo das persoas que perderon a vida nas carreteras no que vai de ano.

TRABALLO APOIA E FOMENTA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN CO FIN DE FAVORECER A SÚA INCLUSIÓN SOCIAL

  • O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, clausurou hoxe en Santiago unha xornada da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia sobre os itinerarios de integración socio-laboral nun contexto de crise económica
  • Na actualidade hai 12 empresas de inserción laboral activas en Galicia que teñen un total de 51 traballadores, dos que 30 están en fase de inclusión laboral Leer Más…