A Policía Local e Stop Accidentes conmemoran o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico

O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.

Vigo, 23 de novembro de 2011.O vindeiro venres, 25 de novembro, o Centro Cívico de Teis acollerá a proxección do documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento, dirigido por Manu Mayo. Esta emisión, que será presentada pola delegada en Galicia da ONG Stop Accidentes ás 18,00 horas, é unha das actividades previstas para conmemorar o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, que este ano se celebra o 27 de novembro. A entrada será de balde ata completar o aforo.

 

Na mesma liña, o domingo 27, o equipo de Educación Vial da Policía Local, en colaboración con Stop Accidentes , organiza unha marcha ciclista que partirá ás 10,00 horas do paseo de Montero Ríos (concentración ciclista desde as 09,00 horas) e unha marcha motorista que partirá ás 11,00 horas do Monte da Guía (concentración motorista desde as 10,30 horas). Os participantes de ámbalas dúas marchas achegaránse á Praza do Rei a partir das 11.30 horas, onde terá lugar un acto conmemorativo, no que participará o alcalde de Vigo, en recordo das persoas que perderon a vida nas carreteras no que vai de ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: