A XUNTA ESPERA QUE O CONCELLO DE VIGO DESBLOQUEE A CONSTRUCIÓN DA CIDADE DA XUSTIZA TRAS A REUNIÓN MANTIDA HOXE

  • No transcurso do encontro, o Concello recoñeceu que manexaba un ámbito de actuación erróneo e comprometeuse a facer unha nova valoración dos terreos.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, espera que se produzan avances e que o Concello poña “por fin” os terreos a disposición da Xunta.
  • A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza xa conta con 15 millóns de euros consignados nos orzamentos do ano 2012 para un proxecto que será compatible coas previsións do PXOM vigués.
  • Técnicos da Xunta de Galicia e do Concello vigués mantiveron esta mañá unha “positiva” reunión para achegar posturas e avanzar na posta en marcha da infraestrutura xudicial.

Vigo, 23 de novembro de 2011.- Esta mañá responsables da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo mantiveron unha reunión técnica para intentar desbloquear o proxecto da Cidade da Xustiza, tal e coma se propuxo por parte do Goberno galego hai unhas semanas. Técnicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Delegación Territorial da Xunta en Vigo reuníronse coa xerente de Urbanismo do Concello de Vigo e outros técnicos do departamento municipal de Urbanismo vigués nun “positivo” encontro para achegar posturas e desbloquear o proxecto da Cidade da Xustiza.

No transcurso do encontro o Concello recoñeceu que manexaba un ámbito de actuación erróneo e comprometeuse a facer unha nova valoración dos terreos adaptándose ao ámbito necesario para executar a infraestrutura xudicial, que se circunscribe á parcela M7 que conta cuns 8.000 metros cadrados.

Así, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, en declaracións aos medios de comunicación explicou que as conclusións que se desprenden do encontro son a “equivocación” por parte do Concello en canto ao ámbito de actuación urbanístico; que o proxecto se pode executar perfectamente atendendo ao PXOM vixente non sendo necesario un Plan Sectorial e, por último, que unha vez o Concello “faga o necesario” remitindo as súas novas valoracións centradas no ámbito de actuación concreto para ceder os terreos, se poría en marcha o proxecto que, coma lembrou Molares, “leva tres anos coa inversión paralizada”, lamentando así os dous anos perdidos dende que o alcalde da cidade, Abel Caballero, se comprometera por escrito no ano 2009 a iniciar o procedemento para poñer os terreos a disposición do Goberno galego e deixando claro que xa non hai escusas para que o Concello “faga a súa parte”.

 

Por último, a delegada da Xunta esperou que se produzan avances e que o Concello poña “por fin” os terreos a disposición do departamento que dirixe o conselleiro Alfonso Rueda, que xa conta con 15 millóns de euros consignados nos orzamentos do ano 2012 para levar adiante un proxecto que será compatible coas previsións do PXOM vigués. “Creo que estamos no bo camiño e soamente falta que o Concello faga a súa parte tras recoñecer hoxe que a valoración era errónea porque plantexaban un ámbito máis amplo”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: