ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A CREATIVIDADE APLICADA Á INNOVACIÓN ENTRE ENXEÑEIROS E ESTUDANTES CUN TALLER EN VIGO

  • A xornada formativa impulsada por Bic Galicia desenvolverase na Escola de Enxeñería Industrial o vindeiro venres 25 de novembro
  • A actividade terá un enfoque práctico e participativo para procurar optimizar o potencial de persoas, equipos e organizacións ou empresas

Vigo, 23 de novembro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria impulsa, a través de Bic Galicia e en colaboración coa Universidade de Vigo, un taller práctico orientado a adestrar e estimular a creatividade entre enxeñeiros e estudantes e a súa aplicación á innovación. A xornada formativa, que se desenvolverá o próximo venres, 25 de novembro, na sede da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, está deseñada para procurar que os asistentes poidan optimizar as súas capacidades e habilidades para comprender os principios fundamentais que sustentan a imaxinación, a creatividade e a aplicación á innovación.

No evento, que terá lugar a partir das 9,30 horas e en sesións de mañá e tarde, tamén se abordarán cuestión relativas á xeración de novas ideas e á motivación para introducir a creatividade no labor cotián, así como habilidades para aplicar recursos e instrumentos de creatividade a retos reais para avanzar no ámbito da innovación.

 

A actividade terá un enfoque práctico e participativo para procurar optimizar o potencial para a innovación de persoas, equipos e, en consecuencia, organización ou empresas. O evento está deseñado para que se recollan nos contidos os aspectos máis básicos para iniciarse na optimización do potencial para a innovación, achegando técnicas e recursos de aplicación inmediata, incluíndo xeración de ideas sobre obxectivos creativos concretos propostos polos participantes.

 

O taller A creatividade para a innovaciónestá impulsado por Bic Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO), coa Escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais e a Escola Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: