Noticias Ayuntamiento de Vigo 23-11-11


Caballero asina un convenio para que os institutos públicos usen gratis as instalacións deportivas municipais

Un convenio regulará desde hoxe a colaboración entre cinco institutos públicos da cidade e o IMD para que 1.500 estudantes poidan usar as instalacións deportivas públicas de xeito gratuito. Caballero reseñou o empeño do Goberno municipal “na liña de cooperar cos centros públicos” polo que será o Concello o que asuma os máis de 22.000 euros que supón o uso destas instalacións.

 


Carmela Silva congratúlase de que a Xunta presente un novo proxecto de Cidade de Xustiza, adaptado ao PXOM

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que “Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos” para a nova dotación xudicial viguesa.

 


Caballero eloxia a “idea magnífica” do grupo Imán de convocar un certame de relatos cortos sobre o VIH

O alcalde e os responsables do grupo Imán presentaron hoxe os IX Premios de Relato Curto, cuxa temática será o sida. Os relatos poderán ser presentados ata o 9 de xaneiro de 2012 e os premios oscilarán entre os 700 euros do primeiro aos 100 euros dos tres accésits concedidos. Abel Caballero asegurou o apoio municipal a iniciativas que abonden no “desterro definitivo” desta enfermidade.

 


O goberno local cooperará coa Asociación das Travesas nas súas iniciativas comerciais

Tras unha reunión con AETRAVI, o alcalde indicou que o Concello cooperará cos comerciantes de Travesas nas súas iniciativas para dinamizar o sector, entre estas as súas tradicionais propostas para Nadal e Fin de Ano, ademais dunha proposta para sacar o comercio á rúa. Abel Caballero afirmou que o goberno local colabora con esta Asociación tal e como fai coa Federación Vigo Histórico ou con FECOVI.

 


O alcalde destaca a repercusión na hostelería da celebración do 57 congreso de uroloxía en Vigo

Abel Caballero avanzou hoxe que na primaveira de 2012 Vigo acollerá o 57 Congreso nacional de uroloxia, “probablemente o encontro profesional máis numeroso que nunca rexistrou a nosa cidade”. Logo de manter hoxe un encontro co presidente do evento, Francisco Sabell, o rexedor anunciou que o congreso se organizará no Auditorio Mar de Vigo, engadindo que “os miles de participantes encherán a capacidade hotelera de Vigo, un turismo de calidade”, abundou.

 


O alcalde felicita a Miriam Pérez e Laura Domínguez polas súas medallas na Copa de Europa de patinaxe artística, peche dunha gran tempada

Miriam Pérez, de 13 anos, e Laura Domínguez, de 16, patinadoras do Club Patinaje Valladares, foron recibidas hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que as felicitaron pola súa magnífica traxectoria nesta tempada que agora remata.

 

A Policía Local e Stop Accidentes conmemoran o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico

O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.

 


Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra “Aquí non paga ninguén” no Centro Cultural de Beade.

 


Últimos días de ArtFutura no MARCO

Esta é a derradeira semana do programa audiovisual ArtFutura, que se proxecta no salón de actos do MARCO e que finaliza este sábado 26, catro semanas despois da súa estrea a principios de novembro, en exclusiva para Galicia.

 


Cadea humana no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo venres, 25 de novembro, ás 11 horas e con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convócase unha cadea humana co nome “Enlaza Vigo”.
Toda a información en http://www.enlazavigo.com

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: