Archive | noviembre 24, 2011

Pegadas en monumentos vigueses.

Pegadas de carteles en monumentos públicos de la ciudad de Vigo que empañan la imagen de la ciudad.

Tráfico recuerda a las victimas de accidentes en la carretera.

200 alumnos de 4º da ESO do IES O Castro, Abel Caballero, participou hoxe nun acto conmemorativo das persoas que perderon a vida nas estradas galegas no que vai de ano.

O alcalde subliña o "compromiso político" cumprido coa finalización do túnel do AVE de Vigo

 

Abel Caballero, xunto co Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, asistiu este xoves á chegada da primeira tuneladora ao centro de Vigo, completando os 8,2 quilómetros de percorrido desde Redondela. «Hoxe Vigo ve a luz ao final do túnel», aseverou o alcalde, tras máis de dous anos e medio de traballos, pois «hoxe conclúe simbólicamente» a chegada do AVE á cidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu no nome da cidade ao ministro de Fomento, José Blanco, levar adiante este «compromiso político» feito hoxe xoves realidade co remate do túnel.

«A Miñoca» conclúe hoxe o seu percorrido de 8,2 quilómetros desde Redondela e «A Lebre» a completará en dúas semanas. Caballero indicou que falta continuar a excavación para construir a nova estación do AVE de Urzáiz, deseñada por Thom Mayne, da que o rexedor indicou que non permitirá «nin unha característica menos do que estaba previsto» no proxecto inicial.

Abel Caballero recoñeceu a laboura do Ministerio de Fomento, das empresas construtoras e dos traballadores, tras máis de dous anos e medios de traballo. O alcalde recordou que a chegada da Alta Velocidade ten tamén visibilidade na nova estación ferroviaria de Guixar, operativa para poder derrubar a antiga terminal de Urzáiz, onde erguerase a que acollerá o AVE. «Esto é o que esta cidade reclama e este goberno está a facer realidade», afirmou o alcalde.

Noticias de Ayuntamiento de Vigo 24-11-11

 


O rexedor participa nunha concentración silenciosa en memoria das vítimas de accidentes do tráfico

Acompañado por máis de 200 alumnos de 4º da ESO do IES O Castro, Abel Caballero, participou hoxe nun acto conmemorativo das persoas que perderon a vida nas estradas galegas no que vai de ano. Esta é unha das iniciativas que a Policía Local e a ONG Stop Accidentes poñen en marcha con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Tráfico. A pesares de que desde 2003, o número de falecidos diminúe progresivamente, en España 2.000 persoas perderon a vida en accidentes de circulación, mentras que esta cifra é de máis de 200 en Galicia. No caso de Vigo, no que vai de ano, as vítimas se sitúan en 3, seis menos que no 2010 e dous menos que no 2009.

 


Caballero inaugurou no Auditorio «Mar de Vigo» o XX Congreso Nacional de Auditoría

O alcalde de Vigo participou este xoves no acto de apertura desde evento organizado polo Instituto de Censores Xurados de Contas de España, unha das citas anuais máis importantes do sector que ten lugar no Auditorio Pazo de Congresos «Mar de Vigo». O vixésimo congreso está enmarcado baixo o lema «Tempo de auditoría, tempo de información e transparencia».

 

Xunta de Goberno Local

Xerencia Municipal de Urbanismo

Os traballadores/as do hospital Povisa de Vigo convocarán folga indefinida contra o despedimento de 27 compañeiros/as

2011 11 24 AsembleaFolgaPovisa1.JPG 2

Os afectados/as manteñen un peche no salón de actos do centro privado e nos vindeiros días levarán a cabo outras mobilización

VIGO/24-11-11

Os traballadores/as do hospital Povisa de Vigo acordaron hoxe en asemblea convocar unha folga indefinida a partir do vindeiro venres día 9 de novembro en protesta polo despedimento de 27 compañeiros/as do servizo de limpeza. Representantes do comité de empresa e empregados/as permanecen dende onte pechados no salón de actos do centro médico privado e nos vindeiros días levarán a cabo outras mobilizacións contra a decisión da dirección de Povisa. Leer más…

PORRIÑO ACOGE LOS XV JUEGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO EN EL QUE PARTICIPARÁN 278 ATLETAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Porriño_Juegos_Autonómicos_Baloncesto (1).jpg Porriño_Juegos_Autonómicos_Baloncesto (

El evento deportivo, organizado por Special Olympics Galicia con la colaboración de Fademga-Feaps, Aceesca y el Concello do Porriño, fue presentado esta mañana en la Casa Consistorial por el alcalde Nelson Santos, que incidió en la importante inversión que se está realizando desde la Administración local en materia deportiva y también en servicios sociales, que junto con el empleo son los objetivos prioritarios del Gobierno local

A XUNTA TRASLADA A ‘SALVA O TREN’ QUE AS DECISIÓNS ADOPTADAS POR FOMENTO DIFICULTAN A POSTA EN MARCHA DO TREN DE CERCANÍA

  • O levantamento das vías convencionais realizado nalgúns treitos, así como a a utilización de tramos do Eixo Atlántico de Alta Velocidade para facer posible a continuidade da vía convencional, complican unha liña específica para servizos de proximidade
  • Ademais, o Ministerio desafectou da Rede Ferroviaria de Interese Xeral algúns tramos do antigo Eixo Atlántico convencional, de maneira unilateral e sen ter consultado nin informado en ningún momento ao Goberno galego Leer más…

ROSA QUINTANA INSISTE NA NECESIDADE DE REORDENACIÓN DOS PARQUES DE CARRIL PARA ASEGURAR NO FUTURO A SÚA VIABILIDADE

  • A conselleira lembra que o novo decreto, en fase de redacción, consensuarase co sector e con Costas do Estado
  • A Consellería escolleu as zonas de reinstalación de Aldán e Ferrol por cumprir coa máis estrita legalidade en canto a criterios técnicos, pero tamén tendo en conta aspectos como a amplitude, o calado, o abrigo ou que non dificultasen a actividade pesqueira e marisqueira.
  • O Consello galego de Pesca elaborará o Plan Estratéxico da Pesca, que determinará as liñas estratéxicas fundamentais para o sector a curto, medio e longo prazo “para consolidar o liderado da flota galega en Europa”

O Secretario de Estado de Deportes de Portugal preside as Xornadas de intercambio de experiencias na eurorrexión, organizadas polo Eixo Atlántico

Celebranse mañá, 25 de novembro, na localidade portuguesa de Guimarães

Participarán representantes da maioría dos concellos integrados na entidade transfronteiriza

Guimarães, 24 de novembro de 2011.- O salón nobre do concello de Guimarães, Portugal, será maña, venres, 25 de novembro, a partires das 9h30min (hora de Portugal), o escenario da Xornada de intercambio de experiencias en materia de deportes nos concellos que integran o Eixo Atlántico.

A sesión estará presidida polo Secretario de Estado de Deportes de Portugal, Alexandre Mestre, acompañado polo Presidente da Câmara Municipal de Guimarães, António Magalhães, o Presidente da Comisión Delegada de Deportes do Eixo Atlántico e Vicepresidente da Câmara de Vila Real e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Máis de 80 representantes, entre técnicos e concelleiros da maioría dos concellos integrados no Eixo Atlántico coñecerán as diversas experiencias de boas practicas en materia de deportes e se abordarán cuestións tales como a xestión deportiva, o deporte de base, a programación de actividades deportivas nos concellos e os modelos de escolas deportivas municipais. Nas diferentes sesión presentaranse ponencias que estarán abertas ao debate dos presentes.

MARCO de Vigo: últimos días exposición KARMELO BERMEJO

O departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lémbralles que esta é a derradeira semana para visitar a exposición de KARMELO BERMEJO, que se clausura este domingo 27 de novembro.

Datas: 23 setembro – 27 novembro 2011

  • Lugar: salas de exposición do primeiro andar
  • Horario: martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00; domingos, de 11.00 a 15.00
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Comisarios: Agar Ledo Arias e Iñaki Martínez Antelo