Archive | noviembre 25, 2011

Noticias Ayuntamiento de vigo 25-11-11


Vigo expresa a súa repulsa á violencia de xénero cunha gran cadea humana

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller impulsaron hoxe venres, 25 de novembro, a iniciativa Enlaza Vigo, pola que unha gran cadea humana de 5.000 persoas partiu do MARCO ata a Praza da Independencia co gallo do Día Internacional da Violencia de Xénero. O alcalde, Abel Caballero, avogou por unha sociedade que sexa “un clamor para que nunca máis a violencia de xénero pase sen berros en contra, sen clamores en contra e sen penas para os agresores”, erguendo a “bandeira da liberdade e da igualdade”.

 


O alcalde anuncia a concesión de 100.000 euros para que 72 alumnos da Escola de Idiomas estuden no estranxeiro

Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este vernres, Abel Caballero informou da aprobación da concesión de 72 bolsas de estudos para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, achegas cun investimento total de 100.000 euros polas que os beneficiarios poderán aprender inglés, francés, alemán, italiano ou portugués nos países de orixe. Tamén celebrada hoxe, a Xerencia de Urbanismo xestionou licenzas por importe de 1,2 millóns de euros.

 

O rexedor entrega diplomas a 14 mulleres maltratadas que aprenden a repeler a violencia de xénero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe venres na entrega de diplomas a 14 mulleres vítimas da violencia machista participaron en cursos importidos pola Policía Local para ser capaces de repeler as agresións “que xa sufriron e das que esperamos que nunca máis volvan ser obxecto”. Trátase -proseguiu- de que ademais de que adquiran destrezas físicas lles transmitamos “cercanía para que se sintan seguras, que sintan que toda a cidadanía está o seu lado”.

 

Obradoiro de literatura e creatividade sobre Álvaro Cunqueiro

Vagalume Colectivo de Aventuras Teatrais presenta no VERBUM este obradoiro dirixido ao público en xeral, pero especialmente pensado para o profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en afondar, a través da técnica teatral, na figura de Álvaro Cunqueiro.

 


XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

A Concellería de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, no Centro cultural de Valadares.O domingo 27, ás 19 horas terá lugar a final das xornadas.

 


Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra “Aquí non paga ninguén” no Centro Cultural de Beade.

 


Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

 

Xornadas de portas abertas con motivo do Día Internacional da Discapacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade, por este motivo a Concellería de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo, vai realizar unhas xornadas de portas abertas dende o día 28 de novembro ata o día 1 de decembro.

 

Cursos da Concellería de Xuventude

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán o mes de decembro:monitor de tempo libre,manipulación de alimentos,xestionar un proxecto xuvenil con ferramentas en rede,iniciación a OpenOffice, creación de webs e blogs e taller de horta urbana ecolóxica.

 

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar polas empresas MOVEXVIAL, EIRIÑA e ORECO, e mentres duren as obras, establécese sentido único de tráfico nas rúas: SEVERINO COBAS, cara á rúa Ramón Nieto; NAIA, treito entre Severino Cobas e Alcalde Lavadores, cara á rúa Alcalde Lavadores, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.

 

Pleno da Corporación, sesión ordinaria

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

prensa.JPG pre

Salceda de Caselas Acolle o Campionato Zonal de Campo a Través.

Este sábado a partir das 10:00 horas, na parroquia de Soutelo, no entorno do monte do Borralliño, participarán preto de 600 escolares (nas categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete masculibno e feminino) pertencentes a 20 entidades deportivas do Baixo Miño, Condado e Paradanta.

Esta proba está organizada pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño e a Concellería de Deportes do Concello de Salceda de Caselas, a través do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

Desta proba sairán os atletas clasificados para o Campionato Provincial, que dan acceso ao Campionato Galego que se disputará en de febreiro de 2012.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro quere facer mención a colaboración que presta o Voluntariado do Concello de Salceda (VOLSA) na organización deste evento, a Comunidade de Montes e o Centro Cultural da parroquia de Soutelo. Así como, ás empresas que colaboraron desinteresadamente.

A presentación deste evento tivo lugar o pasado Xoves, na Casa da Cultura do Concello de Salceda, na que participaron ademáis da Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro e o Alcalde Marcos Besada, o Presidente da Agrupación Deportiva do Baixo Miño, Xesús L. Besteiro e o Coordinador do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo.

 

La CNMV considera conveniente asumir la supervisión de la auditoría

La CNMV considera conveniente asumir la supervisión de la auditoría

  • Advirtió de los efectos adversos que pueden generar algunas de las principales propuestas de la Comisión Europea sobre auditoría
  • Vigo, 26 de nov. 2011.- El vicepresidente de la CNMV, Fernando Restoy, dijo hoy que en el marco de la revisión general del modelo de supervisión, “debería evaluarse la asignación en nuestro país de la responsabilidad de supervisión de la actividad de auditoría a la CNMV”, en lugar de al ICAC, organismo dependiente del Ministerio de Economía y Hacienda. Añadió que a juicio de la Comisión se debería proceder “a una reorganización de la supervisión financiera en España”. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA EN CHANTADA O APOIO ESTRATÉXICO DO GOBERNO GALEGO AO PEQUENO COMERCIO

25112011_adan_06.jpg 25112011

A directora xeral  de Comercio participou na localidade lucense na festa de clausura da iniciativa de dinamización comercial ‘As compras na túa vila teñen premio’

§  Na campaña que remata hoxe, que conta co apoio da Consellería, sorteáronse vales regalo por un total de 24.000 euros en oito localidades galegas

§  Ademais de en Chantada, a iniciativa desenvolveuse en Boiro, Allariz, Salceda de Caselas, Burela, Milladoiro, Barbadás e Tomiño, e recolléronse preto de 110.000 boletos de participación

PASTOR, “EL INCREMENTO DE VOTOS DEL PP EN VIGO SUPONE UNA MAYOR RESPONSABILIDAD Y COMPROMISO CON ESTA CIUDAD”

  • Pastor asegura que la firma del convenio del Ministerio de Fomento con Audasa hipoteca a los vigueses mientras que el PP apostará por la una vía libre de peaje

  • “Seguimos con nuestro compromiso irrenunciable del AVE Vigo-Ourense por Cerdedo pero cuando el PP llegue al gobierno estudiará las cuentas del señor Blanco para saber lo que se ha pagado y lo que no”

  • “Abel Caballero es el único político de España que aseguró marcharse si el AVE no llegaba a Vigo en 2012, le quedan menos de cuarenta días para dejar su cargo”

  • “Después de barajar hasta siete lugares diferentes todavía seguimos esperando a que el Ayuntamiento ponga a disposición los terrenos para la Biblioteca del Estado”

EL PP DENUNCIA LA FALTA DE TRANSPARENCIA Y CONSIDERACIÓN DEL ALCALDE DE VIGO QUE SIGUE SIN CUMPLIR LOS ACUERDOS PLENARIOS Y NO CONTESTA A LAS PREGUNTAS DE LOS EDILES

  • Larriba denuncia que el alcalde no contesta a su pregunta y por tanto se mantendrá la moción presentada por el grupo popular para aclarar la situación futura del Instituto de Estudios Vigueses

  • Bernárdez asegura que a pesar de que se tomó una decisión de retirar los carteles “desde la fecha del acuerdo plenario se han gastado unos 15.000 euros en nueva cartelería de Alcaldía”

  • Teresa Cendón valoró las formas en las que se presentan las respuestas por parte del Ayuntamiento, “es un papel en blanco que carece de logotipo y de firma, podría hacerlo yo misma”

  • Cendón, “No responden a mi pregunta pero me quedo con la última frase que dice ‘este goberno endexamais vai traicionar a esta cidade’ por ello confío en el compromiso del alcalde para no boicotear la inauguración del hospital”

Manifesto Novas Xeracións sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

logo NNGG Violencia Género.jpgA conmemoración, un ano máis, do Día Mundial contra a Violencia de Xénero evidencia que, pese ao esforzo de axentes sociais e institucións e o compromiso cidadán, as agresións e ataques en calquera das súas formas, a desigualdade de oportunidades e a discriminación continúan formando parte da realidade deste país. Leer Más…

A CONSELLERÍA DO MAR PRESENTA UN RECETARIO CON 12 PROPOSTAS NOVIDOSAS COA TROITA COMO INGREDIENTE BASE PARA IMPULSAR O SEU CONSUMO

  • Esta acción forma parte do convenio de colaboración da Consellería do Mar coa Asociación Nacional de Produtores de Acuicultura Continental (ESACUA)

Rosa Quintana destacou a importancia de contar con verdadeiros profesionais da cociña, en accións coma esta, xa que segundo dixo é un aliciente para difundir a calidade dos produtos da pesca e da acuicultura de  Galicia Leer Más…

l presidente de la Xunta impone la Medalla de Oro del Círculo de Empresarios de Galicia a Emilio Castro

  • Marcelino Otero anima a los empresarios a “aprender a reivindicarse”

Vigo, 25 de noviembre de 2011.- El presidente del Círculo de Empresarios, Marcelino Otero, animó hoy a los empresarios a “aprender a reivindicarse, a vender el papel que realizamos como un elemento clave, fundamental, para el crecimiento económico”. Lo hizo minutos antes de que el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, impusiera la Medalla de Oro del Círculo a Emilio Castro, presidente de Pórtico, S.A., durante los actos del decimocuarto aniversario de la organización empresarial. “Este tipo de celebraciones nos viene bien a todos, porque, de alguna manera, puede ayudarnos a relativizar las cosas”, dijo Otero, en alusión a la actual situación económica. Leer Más…