A CONSELLERÍA DO MAR PRESENTA UN RECETARIO CON 12 PROPOSTAS NOVIDOSAS COA TROITA COMO INGREDIENTE BASE PARA IMPULSAR O SEU CONSUMO

  • Esta acción forma parte do convenio de colaboración da Consellería do Mar coa Asociación Nacional de Produtores de Acuicultura Continental (ESACUA)

Rosa Quintana destacou a importancia de contar con verdadeiros profesionais da cociña, en accións coma esta, xa que segundo dixo é un aliciente para difundir a calidade dos produtos da pesca e da acuicultura de  Galicia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá na Coruña na presentación dun recetario con 12 propostas novidosas e sinxelas coa troita como ingrediente base para impulsar o seu consumo. Esta acción forma parte do convenio de colaboración da Consellería do Mar coa Asociación Nacional de Produtores de Acuicultura Continental (ESACUA) e busca dar a coñecer as variedades culinarias que ofrece esta especie e ampliar coñecementos sobre os seus beneficios nutritivos.

As receitas son propostas do chef Eduardo Pardo, do Grupo Nove e serán difundidas a través dos 7.500 exemplares deste recetario que se distribuirán en grandes superficies comerciais, mercados e feiras a través de acordos de colaboración con diferentes organizacións como asociacións de amas de casa, de consumidores, minoristas de peixe e hostaleiros. Ademais o libro de receitas tamén inclúe información sobre os beneficios nutritivos da troita, unha especie cun alto contido en ácidos graxos omega3, bos para previr enfermidades cardiovasculares e reducir a hipertensión.

Durante o acto de presentación, a conselleira do Mar describiu esta publicación como unha ferramenta eficaz para a promoción do consumo de produtos pesqueiros e da acuicultura como a troita e destacou a importancia de contar con verdadeiros profesionais da cociña, en accións coma esta, xa que segundo dixo é un aliciente para difundir a calidade dos produtos da pesca e da acuicultura de Galicia. Rosa Quintana sinalou ademais que a Consellería do Mar ve con bos bos ollos estas accións, xa que axudan a dar a coñecer a importancia de actividades como a acuicultura continental na nosa comunidade e destacou a importancia da unión neste sector para afrontar retos.

Trala presentación, os asistentes puideron degustar as propostas incluídas no recetario, entre elas, coca de troita con cebola caramelizada e xamón crujiente, troita marinada express con vinagreta de froitos secos, empanada galega de troita e pementos asados, sopa de millo con troita e lasaña de troita e verduras asadas.

A acuicultura continental e ESACUA

Galicia é a segunda produtora, despois de Castela e León, de acuicultura continental a nivel nacional. No ano 2010 a produción foi de algo máis de 5.000 toneladas e a produción de troita representa o 99% do total de cultivo de especies en augas continentais.

A Asociación Nacional de Produtores de Acuicultura Continental colectivo é unha entidade privada sen ánimo de lucro, constituída por 24 socios e 33 piscifactorías que representan arredor do 30% da produción nacional e o 100% da produción galega. A asociación traballa co fin de desenvolver todo tipo de iniciativas e actividades dirixidas a aumentar a demanda de produtos procedentes da acuicultura continental e ten a súa orixe na Asociación Gallega de Piscifactorías de Troita, Atrugal, o máximo representante galego do sector.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: