Manifesto Novas Xeracións sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

logo NNGG Violencia Género.jpgA conmemoración, un ano máis, do Día Mundial contra a Violencia de Xénero evidencia que, pese ao esforzo de axentes sociais e institucións e o compromiso cidadán, as agresións e ataques en calquera das súas formas, a desigualdade de oportunidades e a discriminación continúan formando parte da realidade deste país.

O número de vítimas mortais por violencia de xénero en España neste ano demostra que ningún rango de idade é alleo a esta forma de violencia, denotando que o 29% das falecidas eran menores de 30 anos. Unha cifra que se sitúa por encima das mortes ocorridas en 2009 no mesmo período.

Lembremos que cada dezaoito segundos unha muller é maltratada no mundo, segundo a ONU. A frialdade das cifras non reflicte a realidade do sufrimento, o silencio e o medo no que viven miles de mulleres no noso país cada día.

Novas Xeracións do Partido Popular súmase hoxe a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia machista, na loita contra os maltratadores, no apoio ás vítimas e ás súas familias; ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores.

É necesario que todos os actores sociais e Administracións públicas se comprometan coa causa, como está facendo o Goberno galego con actuacións que van desde aumentar as contías orzamentarias destinadas á total recuperación das vítimas e dos seus fillos e fillas á colaboración con numerosos concellos para o mantemento de casas de acollida e o funcionamento dos centros de información ás mulleres.

Os minutos de silencio que hoxe gardaremos polas vítimas da violencia de xénero deben xerar unha conciencia social que promova accións concretas para garantir a seguridade, a igualdade de oportunidades, o emprego e a formación da muller.

Novas Xeracións reitera que a sociedade enteira fracasa cada vez que unha muller é humillada e maltratada e recorda que erradicar esta lacra social é unha responsabilidade de todos e cada un dos membros da sociedade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: