Archive | noviembre 26, 2011
AS AULAS CEMIT DA CAÑIZA, CATOIRA E PONTEAREAS ACOLLERÁN A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE STREAMING DE AUDIO E VÍDEO
- A actividade forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de
- Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)
- O alumnado aprenderá a empregar as ferramentas básicas para publicar contidos audiovisuais en internet

Curso combina clases on-line e presenciais nas aulas CeMIt
Santiago, 26 de novembro de 2011.-
As aulas da Cañiza, Catoira e Ponteareas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) acollerán a partir deste luns, 28 de novembro, un curso gratuíto sobre Streaming de audio e vídeo a través do cal o alumnado aprenderá a crear proxectos multimedia e obter aquivos de vídeo e audio de calidade para usar en internet. O curso forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia. Leer más…BENESTAR OFERTA 240 PRAZAS EN RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE PARA QUE OS MAIORES QUE VIVEN SOS PASEN ACOMPAÑADOS O NADAL
- O prazo de inscrición para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’ rematará o próximo 30 de novembro
- O departamento autonómico oferta 120 prazas nas instalacións do Carballiño e outras 120 prazas na de Panxón
- As estadías desenvolveranse entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro
Santiago, 25 de novembro de 2011.
O programa ‘Xuntos polo Nadal’ da Consellería de Traballo e Benestar para que os maiores que viven sos pasen acompañados estas festas desenvolverase este ano entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro. O departamento autonómico xa abriu o prazo de inscrición para tomar parte nesta iniciativa que rematará o próximo 30 de novembro. Leer más…