AS AULAS CEMIT DA CAÑIZA, CATOIRA E PONTEAREAS ACOLLERÁN A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE STREAMING DE AUDIO E VÍDEO

  • A actividade forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de
  • Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)
  • O alumnado aprenderá a empregar as ferramentas básicas para publicar contidos audiovisuais en internet
  • Curso combina clases on-line e presenciais nas aulas CeMIt

    Santiago, 26 de novembro de 2011.- As aulas da Cañiza, Catoira e Ponteareas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) acollerán a partir deste luns, 28 de novembro, un curso gratuíto sobre Streaming de audio e vídeo a través do cal o alumnado aprenderá a crear proxectos multimedia e obter aquivos de vídeo e audio de calidade para usar en internet. O curso  forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia. A actividade combina clases on-line e presenciais nas aulas CeMIT das distintas localidades. Así, durante os catro días de duración da mesma, emitirase na aula un capítulo do vídeo documental realizado para a ocasión cos contidos do curso seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) polo técnico experto a través de videoconferencia dende o Centro Multimedia de Galicia.

    A Xunta de Galicia  puxo en marcha o Programa de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) a través do cal se están a impartir durante este ano en 89 concellos galegos máis de mil cursos gratuítos cunha asistencia estimada de 10.000 alumnos.
    Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT estanse a desenvolver campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilitará o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: