BENESTAR OFERTA 240 PRAZAS EN RESIDENCIA​S DE TEMPO LIBRE PARA QUE OS MAIORES QUE VIVEN SOS PASEN ACOMPAÑADO​S O NADAL

  • O prazo de inscrición para participar no programa  ‘Xuntos polo Nadal’ rematará o próximo 30 de novembro
  • O departamento autonómico oferta 120 prazas nas instalacións do Carballiño e outras 120 prazas na de Panxón
  • As estadías desenvolveranse entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro
  • Santiago, 25 de novembro de 2011.

    O programa ‘Xuntos polo Nadal’ da Consellería de Traballo e Benestar para que os maiores que viven sos pasen acompañados estas festas desenvolverase este ano entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro. O departamento autonómico xa abriu o prazo de inscrición para tomar parte nesta iniciativa que rematará o próximo 30 de novembro.
    En total ofertaranse 240 prazas en residencias de tempo libre: 120 nas instalacións do Carballiño (60 para maiores da provincia da Coruña e 60 para os de Pontevedra) e 120 no centro emprazado en Panxón (60 para a provincia de Ourense e 60 para a de Lugo).
    Poderán participar desta iniciativa os maiores de 65 anos ou de 60 si se é pensionista sempre que sexan residentes na Comunidade autónoma e se poidan valer por si mesmos, así como se non padecen enfermidades infecto-contaxiosas activas nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia. Ademais, os maiores non poderán estar acollidos en ningún centro residencial e deberán contar cun nivel de ingresos económicos baixo.
    Para a selección dos participantes daráselle prioridade aos solicitantes que reunindo todos os requisitos mencionados anteriormente tomen parte no programa a nivel individual; realmente vivan sos e non teñan con quen pasar estas datas; teñan un menor nivel de ingresos económicos; non asistiran este ano a ningunha quenda do Programa de Turismo Social, nin en pasadas edicións de ‘Xuntos polo Nadal’ e, por último, conten con máis idade.
    O programa contempla o aloxamento en habitacións compartidas e a manutención en réxime de pensión completa durante 10 días.
    As solicitudes estanse a tramitar nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, centros sociocomunitarios dependentes do departamento autonómico.Os interesados en acudir a esta actuación poderán obter máis información no teléfono social 900 333 666 e na páxina web


Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: