Archivo | noviembre 28, 2011

VISITA ESCOLAR Á EXPOSICIÓN "NO NIÑO NOVO DO VENTO. CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO"

Mañá martes 29 de novembro, a partir das 10:30 h, terá lugar na Casa Galega da Cultura un acto con alumnos do instituto Alexandre Bóveda, de Vigo; un dos cursos que visita a exposición é de Artes Escénicas e comparte o Instituto co Conservatorio.
Será un acto literario con lectura de textos e interpretación musical de poemas do escritor. Os alumnos van interpretar o poema ‘No niño novo do vento’ acompañados de clarinete e frauta e van declamar algúns poemas de Mar ao norde e de Poemas do si e o non; lerán tamén un relato escollido de entre os diferentes libros de semblanzas de don Álvaro. O profesor Antón Piñeiro dirá unhas breves palabras sobre o tempo no que coincidiu con Cunqueiro cando traballaba en Editorial Galaxia e lle levaba o correo a casa no ano 80. Tivo a sorte de ser un amigo máis de Cunqueiro e de gozar da súa conversa.
César Cunqueiro, notario e escritor, fillo do homenaxeado na exposición, dará unha intensa charla aos estudantes sobre a memoria do seu pai.

Ademais, recibirán por parte de Xosé Francisco Domínguez, director da Biblioteca Penzol, unha breve introdución sobre a historia, os fondos
e os obxectivos dunha institución como a Fundación Penzol, referencia imprescindible para a cultura galega.

MEDIO RURAL TRABALLA A PROL DA CONSERVACIÓN DOS MORCEGOS COMO REGULADORES BIOLÓXICOS DAS POBOACIÓNS DE INSECTOS

  • O Proxecto Quirotec, no que colabora a Consellería, analiza a selección do microhábitat do morcego común (Pipistrellus pipistrellus) nas áreas urbanizadas do Parque Nacional das Illas Atlánticas
  • Este ano celébrase o “Ano Internacional dos Morcegos”, que coincide coa exposición fotográfica “Sombras Asombrosas”, organizada polo Parque Nacional e o Grupo de Ecoloxía e Evolución-Divulgar da Facultade de Bioloxía de Vigo Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE UN CURSO SOBRE AS REDES SOCIAIS PARA MELLORAR O POSICIONAMENTO DAS EMPRESAS NO MERCADO



  • A Xunta, a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, apoia a formación no uso das redes sociais como soporte á innovación e a xestión da reputación das empresas
  • O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) da Xunta, impulsa a posta en marcha de iniciativas no eido da innovación que permitan desenvolver as vantaxes competitivas das empresas galegas
  • A dotación de habilidades para xestionar a implantación de redes sociais na empresa favorece a súa competitividade e  penetración nos mercados Leer Más…

Empregados/as do hospital vigués Povisa concéntranse diante do centro para rexeitar o despido de 27 compañeiras/os

Esta tarde organizan unha caravana de coches ao Morrazo e nos vindeiros días acudirán ao Sergas e convocarán unha manifestación na cidade

VIGO/28-11-11

Os traballadores/as de Povisa continuaron hoxe coas mobilizacións para denunciar o despedimento de 27 compañeiros/as do servizo de limpeza cunha concentración fronte ao centro médico. Esta tarde realizarán unha caravana de coches até o Morrazo e nos vindeiros días desprazaranse a Santiago para manter unha xuntanza con responsábeis do Sergas e convocarán unha manifestación en Vigo.

A concentración desenvolveuse fronte a Povisa entre as 10.00 e as 12.00 horas e nela participaron representantes do comité de empresa (CIG, CCOO, UGT, CGT e SGPS), delegados/as sindicais e traballadores/as. Alí despregaron unha faixa na que reclaman a readmisión dos despedidos/as e berraron consignas contra a actitude da empresa e do Sergas.

Para esta tarde está prevista unha caravana de coches que sairá da Gran Vía a partir das 16.00 horas para posteriormente percorrer os concello morracenses de Moaña e Cangas. Mañá martes levarán a cabo un reparto de panfletos nos centros de saúde e nos mercados, mentres que o mércores irán a Santiago coa intención de manter unha entrevista co Sergas. Finalmente, o xoves está prevista unha manifestación na cidade que partiría ás 20.00 horas de Vía Norte e remataría na Xunta.