TÉCNICOS DE SEIS PAÍSES EUROPEOS ASESORAN HOXE EN SANTIAGO AOS INTERESADOS EN COÑECER OFERTAS DE EMPREGO DAS DISTINTAS REXIÓNS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe a Xornada europea de emprego da rede Eures, unha iniciativa que naceu no ano 1993 para fomentar a mobilidade laboral en Europa
  • Actualmente, na rede Eures hai 1,2 millóns de ofertas de emprego dispoñibles nos 31 países que forman parte deste proxecto
  • Mato apostou por aproveitar as sinerxias europeas para mellorar a competitividade, e destacou que o Goberno galego ten en marcha diversos
    programas neste sentido, enfocados na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Santiago, 28 de novembro de 2011.- Santiago acolle hoxe a Xornada europea de emprego da rede Eures, na que técnicos de Suecia, Portugal, Noruega, Reino Unido, Italia e Grecia asesorarán ao longo da xornada aos interesados que se acheguen para coñecer as ofertas de emprego dos respectivos países. Os técnicos terán postos abertos ao público ata as 18,00 horas no centro sociocultural “O Ensanche”.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe esta iniciativa, que se inscribe dentro das actividades da rede “Eures”, un proxecto que naceu no ano 1993 para fomentar a mobilidade laboral en Europa. O obxectivo é poñer en contacto ofertas e demandas de emprego a nivel europeo.

Actualmente, hai 20 EURES transfronteirizos, o de Galicia-Norte de Portugal constituíuse en 1998 coa colaboración de patronal, sindicatos, asociacións empresariais e universidades de dous territorios. A día de hoxe, na rede Eures hai 1,2 millóns de ofertas de emprego dispoñibles nos 31 países que forman parte desta iniciativa.

Durante a súa intervención, a titular do departamento autonómico apostou por aproveitar as sinerxias no ámbito laboral europeo, máis nestes “momentos de dificultades”. “Temos que dar a benvida a todas as oportunidades que nos permitan ampliar o horizonte de busca, así como incrementar as habilidades dos traballadores e traballadoras para emprender esa busca”, subliñou.

Foi neste obxectivo no que enmarcou a xornada que se celebra hoxe e que, ao seu xuízo, pode ofrecer “interesantes respostas ás persoas que teñen inquietudes en canto ao seu desenvolvemento profesional en Europa”.

Ao respecto, cualificou á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como unha das “máis importantes”, unha “vantaxe que debemos aproveitar”. Ao respecto, puxo en valor ao Eures como unha ferramenta “importante” para fomentar as posibilidades que existen no espazo transfronteirizo, ademais de que apuntar que esta iniciativa constitúe unha plataforma de ensaio para os intercambios laborais a nivel europeo.

Precisamente co fin de avanzar nesta liña de colaboración e de sinerxias no eido europeo, o Goberno galego está a poñer en marcha diversos programas. Entre eles, destaca o proxecto “Ibermovilitas”, a través do que se puxeron en marcha itinerarios formativos de inserción orientados a cualificar aos traballadores de acordo coas necesidades do mercado laboral transfronteirizo. Con este fin, realizouse un estudo para identificar as profesións máis demandadas na zona.

Tamén se ten posto en marcha o programa “Coopera +”, destinado a fomentar a colaboración entre empresas da economía social de Galicia e do norte de Portugal, e que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Pola súa banda, o proxecto Nacce ten como obxectivo impulsar o sector das novas tecnoloxías neste espazo, e para conseguilo conta cun financiamento de 1,18 millóns de euros.

Por último, Mato tamén destacou o proxecto “Emprende”, impulsado por Galicia e o norte de Portugal, que está dirixido a prestar apoio aos mozos e mozas con iniciativas emprendedoras e, en paralelo, promover o emprego. Conta cun financiamento de 727.000 euros.

 

“En definitiva, estamos no momento propicio para explorar todas aquelas vías ao noso alcance para mellorar e promover o emprego”, resumiu a conselleira.

Por último, a titular do departamento autonómico agradeceu a presenza dos técnicos dos distintos países nesta xornada e confiou en que todas persoas que se acheguen a orientarse obteñan proveito da súa visita.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: