Archive | noviembre 29, 2011

LUCÍA MOLARES COÑECEU HOXE AOS BENEFICIARIOS DO PROGRAMA SOCIOLABORAL TESELA QUE LEVA A CABO A FUNDACIÓN EMAÚS

  • 29112011 VisitaTesela.jpg

    A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse esta mañá ata o supermercado Vegalsa-Eroski onde están a facer prácticas os perceptores deste proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 29 de novembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, coñeceu esta mañá aos beneficiarios do programa sociolaboral Tesela que a Fundación Emaús está a desenvolver na cidade dende hai xa cinco anos e que conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.

Dirixido a persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social que residen na cidade de Vigo, o programa Tesela é un proxecto de dinamización das competencias sociopersoais e de acompañamento social de colectivos desfavorecidos.

Así, Lucía Molares, xunto aos responsables da Fundación Emaús, achegouse hoxe ata un dos supermercados que Vegalsa-Eroski ten na cidade olívica para coñecer o traballo que os perceptores deste proxecto están a desenvolver e que ten coma finalidade achegar o mercado laboral ás persoas máis desfavorecidas. Neste senso, a delegada da Xunta agradeceu a “colaboración” de entidades coma Vegalsa-Eroski por incorporar aos beneficiarios deste programa ao mundo laboral coa realización de prácticas nos seus establecementos ademais de felicitar a Emaús polo seu traballo a prol dos máis desfavorecidos.

 

Molares puido coñecer así as impresións dos perceptores do programa, que son persoas con dificultades económicas, sociais e laborais e que necesitan –polas súas circunstancias persoais- unha inclusión social e laboral. Para logralo, o proxecto Tesela persegue reforzar as súas competencias persoais e sociais, axustar os seus obxectivos, coñecer as súas capacidades e identificar as súas limitacións para implementar a súa rendabilidade laboral.

 

 

.O presidente da Deputación, Rafael Louzán, preside a xuntanza das Mesas Locais de Comercio da provincia

. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, preside a xuntanza das Mesas Locais de Comercio da provincia de  Pontevedra. Participan 300 comerciantes, a directora xeral de Comercio, Nava Castro, as deputadas provinciais, Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez e outros. No Salón de Plenos do Pazo Provincial, en Pontevedra.

Cirque Imaginaire emocionará ao público do Centro Cultural Novacaixagalicia con ‘Storm’

Ofrecerán seis funcións na cidade olívica entre os días 21 e 23 de decembro

A produción rende homenaxe aos espectáculos de circo máis innovadores

29.11.2011. O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá o próximo mes de decembro, entre os días 21 e 23, seis funcións da primeira produción da compañía Cirque Imaginaire, que conta cun equipo artístico de primeiro nivel mundial de ámbitos tan diferentes como as competicións olímpicas ou Cirque du Soleil. Con ‘Storm’ queren render homenaxe a algúns dos espectáculos de circo máis innovadores dos últimos quince anos, entrelazando as tramas que xeran as emociones humanas con variadas e impresionantes acrobacias circenses. O obxectivo é envolver ao público nunha tormenta de emocións facéndolle gozar da natureza desde a súa butaca.

 

Manifestación folga sanidade privada

2011 11 29 ManifaSanidadePrivadaPontevedra1.JPG

Arredor de 400 traballadoras/es da sanidade privada percorreron esta tarde as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. A mobilización, convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, partiu ás 17.00 horas da empresa Clece, na rúa Hispanidade. A continuación pasou pola clínica Pintado para despois subir pola rúa Marqués de Alcedo até a clínica O Castro-Pepetuo Socorro. Rematou fronte a Concheiro, na Avenida de Madrid, arredor das 18.30 horas.

Unha vez alí, os representantes do comité de empresa anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para os vindeiros días 15 de decembro e 18 e 25 de xaneiro. Tamén criticaron o feito de que a patronal os convocase onte para retomar as negociacións o vindeiro día 13 de decembro, “pero non na sede da Confederación de Empresarios senón nun local de Academia Postal”.

Curso intensivo de Mónica Valenciano en Teatro Ensalle

Días 5, 6, 7 y 8PROGRAMA A MOSCA DO VIÑO.

Curso intensivo de danza Escribir con el cuerpo

impartido por Mónica Valenciano en TEATRO ENSALLE.


 

AXENDA // FESTIVAL SINSAL 9 // FESTA CLAUSURA DO SINSAL 9

e32a4cbe-1.jpg PROGRAMACIÓN ESPECIAL PARA DESPEDIR O 2011 EN SINSAL

PREPARAMOS XA O SINSAL N0. 10

FESTA CLAUSURa

NISENNENMONDAI + DAS KAPITAL

Ningunos DJs+Galis 115

Luns 5 de Decembro

De 22:00 a 03:30

Sala Mondo, 5€

entradas

 

Concierto de FRANS BANFIELD QUARTET EL 3/12 en La Pecera, Pizarro 35

quartetbuena.jpg RANS BANFIELD QUARTET, en La Pecera ( Pizarro, 35) el sabado 3 de diciembre a las 22:30, entrada 4 €. El cantante de PHANTOM CLUB nos acerca con esta formacion a ritmos mas elegantes y simpaticos como la bossanova o el swing, dandole importancia a la calidad de sonido, armonia y letras en castellano con poesia y sentimientos urbanos.

El contrabajo de Brian Moure,  Frans a la  guitarra acustica y electrica , la bateria jazzera de Manuel Ares y la excelencia de Patricia Moon al violin , se suman al carisma del musico argentino, que tras su periplo por Estados Unidos en esta primera mitad del año, nos trae nuevos conceptos adquiridos en los escenarios de New York y Boston.

 

MARCO: actividades 1 decembro Día Mundial Sida

Nueva imagen.JPG

Actividades paralelas da exposición ‘YOU ARE NOT ALONE’

Organizadas en colaboración con entidades, asociacións e ONG

En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Con este motivo, o MARCO organiza unha programación de actividades en colaboración con distintas entidades, asociacións e ONG que levan anos traballando en distintas áreas da loita contra o VIH/SIDA. As devanditas actividades están concibidas paralelamente á exposición YOU ARE NOT ALONE, inaugurada o 21 de outubro nas salas da planta baixa.

ALONE’

Organizadas en colaboración con entidades, asociacións e ONG

En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Con este motivo, o MARCO organiza unha programación de actividades en colaboración con distintas entidades, asociacións e ONG que levan anos traballando en distintas áreas da loita contra o VIH/SIDA. As devanditas actividades están concibidas paralelamente á exposición YOU ARE NOT ALONE, inaugurada o 21 de outubro nas salas da planta baixa.

 

Exposición

‘YOU ARE NOT ALONE’

DATAS

21 outubro 2011 – 22 xaneiro 2012

LUGAR

Salas de exposición da planta baixa

HORARIO

martes a sábados (festivos incluídos)

de 11.00 a 21.00

domingos, de 11.00 a 15.00

COMISARIAS Leer Más…

EMPRESAS GALLEGAS Y CERTAMEN MISS ESPAÑA

DOS EMPRESAS GALLEGAS MARCAN UN HITO EN EL CERTAMEN DE MISS ESPAÑA AL APOSTAR POR LAS REDES SOCIALES

La final fue retransmitida por “streaming” y seguida por 52.000 personas

 

Aveiro Estrategias de Comunicación y Sicom abordaron una estrategia que permitió que 80.000 internautas votaran a su candidata favorita

Vigo, 29 de noviembre de 2011.- La labor desarrollada por dos empresas gallegas, Aveiro Estrategias de Comunicación y Sicom Internet e Ingeniería, ha marcado un punto de inflexión en el certamen de Miss España, al apostar por las nuevas tecnologías y las redes sociales. Leer Más…